header-photo

Tonight the streets are ours



Tonight the streets are ours, esas luces nos nosos ollos non menten. Tres rapaces baixan pola rúa dos Aires, cara o porto, cantando. Acompañan aos nenos que corren desde hai séculos, pasan a Escola de Náutica e chegan á Aduana Vella. Alí recébeos o cheiro dos baleeiros, o comercio do kummel e do liño, un alemán que ergue o sombreiro ao seu paso, despois de chiscarlle o ollo ao espía da pérfida Albión. As xentes míranse nas caras embravecidas da tarde, á beira do mar. Alí, en Guimarán, en fronte da veciña pobra de Reboredo, atronan naos de lingua estraña mais coñecida. Levamos douscentos anos sangrando a vida e sorrindo, en amor de xerfa, de saqueos e namoros, en lealdade de traizóns e ataques partillados, neste Atlántico que nos fai e que nos une, universais, desde a Pena Furada e A Rochela rinlega ás costas de Portsmouth, Riga ou La Rochelle.

Os canóns de ferro e bronce traídos de Sevilla ficaron no fondo da ría, os habitantes da Ribanova imos cansos da penosa carga. Un dos banqueiros de Casas camiña cara o Casino, á tertulia dos buques e dos masóns, na Praza da Constitución, do Pobo, da República, de José Antonio, de Abaixo finalmente. Os dezaoito buques da Banca de Casas deixan os cartos no Teatro, no Círculo de Recreo, nos xornais de tendencias varias, no primeiro de maio que enche de vermello as rúas e o campo de San Francisco. Un bergantín cruza a mañá e chega do Báltico con matrícula ribadense, de Bengoechea. No peirao, uns ingleses xogan a un tal football contra os locais. Dous de Rinlo e da Devesa, cinco vilegos de Cabanela e da Vilavella, dous mariñeiros de Porcillán, algún da beira asturiana; os estranxeiros, todos da Britania, baixan dos cargueiros cantando tonadas descoñecidas. Traen con eles pelota de trapos e vexiga de porco, comentan do Sheffield e do Hallam, bótanse a xogar ao Cargadeiro. Comeza unha nova historia.

Os rapaces, irados e inocentes, perfumados de fulgor, guitarreando a mocidade, suben de volta a costa, por Antonio Ibáñez e El Viejo Pancho. Lembran o poema de Luz Pozo e non esquecen a patria, matria costeira e violada, mar dos celtas e ollos do norte do alén. Un viste casaca vermella, outro verde e branca, outro celeste. Entran no Recuncho e piden as cervexas de sempre, falan do futuro común ébrios de pasado, orgullosos, coa mirada afiada das navallas do mencer. Esas luces nos nosos ollos non menten, tonight the streets are ours. Ao día seguinte, na terra pisada hai catro séculos por galegos e ingleses, onde lindan Galiza e Inglaterra, mar por medio, xogan os Stags e os Porcos Bravos. Levantade a man para tocar o ceo, compañeiros. This is Ribadeo. E isto é un convite, mais tamén un desafío.


PD: a foto, fermosa, é do ribadense Toni Deaño
.

222 comentarios:

«A máis antiga   ‹Máis antiga   201 – 222 de 222   Máis recente ›   A máis nova»
  1. Pierre de Villaines dixo...
  2. Ribadeo vaut bien une messe et une belle brasserie.

  3. RIP a deo dixo...
  4. This Is Ribadeo.
    Los ciervos stags no se la merecen.
    Antes francesa que inglesa.
    Ni en 2011,ni nunca.
    Las calles sempre serán dos porcos bravos.
    E as nosas ruas.

  5. The Rambler dixo...
  6. Lo desconocido siempre pasa por ser algo de peculiar grandeza.
    Ribadeo en la recámara,será nuestra mejor baza.
    Stags fora da Galiza.

  7. The (un)masked marauder dixo...
  8. Con la patata en la mano, tengan Vds. unas Felices Siestas y un Próspero Mérimée.
    Keep your Mojo workin'!

  9. North Sea Sullivan dixo...
  10. En las tabernas del puerto de Ribadeo, comienza el gran tiovivo de los porcos bravos borrachos.
    La lluvia pone a la puerat norte de Galicia un birrete de
    stag doctorado en manos.
    Alrededor de la luna, gira una rueda de bergantines oscuros. Tres huérfanas chapoteando
    en las olas, engañan a los porcos bravos que trastabilláis en el
    acantilado de Ribadeo.

  11. Aleister Saint Germain dixo...
  12. Conocí a un porco bravo sedentario que se ve obligado a viajar,que acuñó la noción de "no lugar" relativo a ciertos aspectos sórdidos de Galizalbión.
    No viene a cuento más que por la confirmación oficial en el "Stags Onion" que Ribadeo y Ourense pasan a ser no lugares para la VII.
    Beber cerveza es lo más fácil y tanto como Ribadeo y Ourense están llenas de lugares comunes. Uno tiene que dejar algo, crear, sino no tiene sentido nada en The Anglogalician Cup.Por eso lo dejemos para la VIII o la IX.
    ¿ Mi opinión?: Son unos sueltos.

  13. Richard Hawley dixo...
  14. No sé adónde voy pero sé que no hay ninguna parte adonde ir, por eso compré esta casa en Tractorville y gasté 25.000 fentos en arreglar el granero.
    Cerca yace Ribadeo.
    Ribadeo,donde uno hizo largos solos, flotantes,y los puso en botella de cerveza al mar.
    Deseando que llegase el mensaje a Kingston upon Hull.
    Rogando que muriese la plabra en Sheffield.Ésa que cuenta que seguimos siendo sede necesaria para la IX o la que se preste.
    Hogar para siempre de os porcos bravos.

  15. Otro Profeta Preußisch Blau dixo...
  16. Un mal escritor es como una mancha de cruzcampo sobre el papel, se extiende rápido pero no tarda en evaporarse.
    Un buen escritor es como una gota de cerveza en un tractor: cuando cae hace una mancha pequeña, pero con el tiempo se va extendiendo hasta llenar toda la hoja.
    En Ribadeo,hay una gota de cerveza sobre un tractor no Cargadeiro.
    Y un porco bravo que se adelantó al ciervo inglés a la hora de papar un conexo...
    La Novena en 2012?
    Who knows ?

  17. Diótima dixo...
  18. Sen dubida, a mellor entrada diste Parnaso é sen xogar as escondidas: agora porco, agora stags.

  19. Roi Liorta dixo...
  20. Perdices,conexos e porcos bravos.
    E por riba de todo,Ribadeo.
    Parabéns por todo,Xabi.

    Outubro en Sheffield?


    Postpatata: tes que escribir máis neste antro.

  21. ¿Qué le sucedió al Cruzado Enmascarado? dixo...
  22. Los surrealistas porcos bravos por el hecho de ser gallegos se convierten en doblemente surrealistas.
    Loubad seña Crom que me permitiu facerme porco bravo neste grande reino que chamamos Galicia.

    Ribadeo.
    Día del evento.

  23. Por ver el mar,más que nada dixo...
  24. Suena como a campanas.
    El tiempo aún se mueve.
    Los bajíos de Cavanardá.
    Buen viento lleve a todos, porcos,advenedizos y adláteres.
    Eiquí xaz alguén,que coa sua ......

  25. Carmen Blanco dixo...
  26. Eu,dende que fun,estou sempre en Ribadeo e a Ribadeo volvo unha e outra vez.
    A vida é paseo.
    Amar na mar das Catedrais para saber,amar,saber a mar,saber a Galiza.

  27. Diótima dixo...
  28. Benvido meu curman. Arrojo cenizas sobre el pelo por no estar ahí, hoy. Cuídame a mi niña A., y nunca tengas que aparcar un tractor.

  29. Oliver Cromwell dixo...
  30. Villa hermosa donde se bebe en quintos y el faro se encuentra en Illa Pancha no tan lejos del Viejo Pancho que se hizo famoso por su "Paja Brava".
    Corto el rollo y les digo que en el Rolle se encuentra la Avenida del Eterno Fantasma y dan tapas de porco bravo.
    Conclusión:La IX en Ribadeo.

  31. Richard Hawley dixo...
  32. Las entradas de Xavier son como esas bolsas de lujosas tiendas de moda:Ribadeo-New York-¿?.
    Conociendo que el viaje es interminable,manda invitaciones en forma de postal donde cabe cabe el mundo de la Anglogalician dentro de otro mundo tan real o imaginario,tan grande o tan pequeño, como el primero.
    Un día,se jugará un partido de esos con palitos romanos en Grozni y diremos aquello de :"nos invito Mr X."
    Y habrá un viejo mirando las procelosas aguas de la memoria [marca de la casa].

  33. Nicolás Soneira dixo...
  34. Una de las asignaturas pendientes de la Anglogalician Cup.
    Mientras se acuerden de nosotros,Ribadeo no estará perdida en la niebla.

  35. Unha cabicha atopada en haxix dixo...
  36. Cando remata a súa triloxía o Xavier?

  37. Benito Vicetto Monforte dixo...
  38. RIBADEO
    Puerto comercial del Reino de Galicia

    El Condado de Ribadeo fue históricamente enclave favorecido por la monarquía gallega como principal puerto comercial del noreste del Reino de Galicia

    El Condado de Rivadeo

    Enclave estratégico y comercial del Reino de Galicia fundado por orden del Rey Afonso I en el lugar de Vilavella en 742, el Rey Fernando II continuó reforzando esta plaza convirtiéndola en Villa y estableciendo en Rivadeo de 1182 a 1233 la sede bretoñesa de Mondoñedo. Tras la Guerra de Sucesión entre Pedro I y Henrique de Trastamara en el siglo XIV, el Condado de Rivadeo le fue cedido por el Trastamara al franco Pierre de Villaines, volviendo a reintegrarse en la Provincia de Mondoñedo en el siglo XVI.

    Su progresiva preponderancia económica y comercial se había traducido en un incremento de su población, que participó importantemente en la colonización americana y en la carrera de las Indias. Rivadeo fue durante el siglo XVIII puerta del Reino de Galicia en el comercio con la Europa nórdica y con América, siendo siempre su puerto de capital importancia por causa de sus astilleros, instituciones administrativas y situación estrategico-defensiva en el Cántabrico.

    No lo olviden.

  39. Nandiño dixo...
  40. Luz Pozo foi a miña profesora de literatura a finais dos 70, no Santa Irene de Vigo. Imaxino que Xavi refírese ao poemario Ribadeo, Ribadeo adicado a vila onde naceu. Simetrías...

  41. Rodrigo Ovéquiz Pardo De Cela dixo...
  42. A Roi Cofano do Valadouro, a rima fácil.

    O morgado é a práctica de repartir a herdanza de xeito desigual, transmitindo a parte principal dos bens a un dos herdeiros, tradicionalmente o primoxénito home. O morgado instaurouse en Galiza na Baixa Idade Media como parte do proceso da formación das liñaxes na nobreza galega baixomedieval. Estes bens tiñan carácter inalienable e indivisible, debendo permanecer para sempre no seo da familia.

  43. The Puto Pato Glücklich dixo...
  44. Hoxe quero traervos aquí outro luxazo esquecido, o ex-ionqui, ex-borracho, ex-guitarrista DE Pulp...RICHARD HAWLEY, un perdedor acostumado ao fracaso...que finalmente conseguiu o éxito, cantándolle ao amor...en tempos de crise. A historia de Richard é a dun segundón, nunha cidade como Sheffield que sempre tivo grandes bandas, en practicamente todos os estilos, desde o seu particular mito, Joe Cocker, pasando polo techno dos Human League, Heaven 17 ou os exquisitos ABC, o abrazo ao mainstream de Paul Carrack, o nu-disco de Moloko, e mesmo o heavy peluqueiro dos Def Leppard ou o brit-pop de Pulp, os stags de sheffield ( 2007) e xa fai un lustro, os Artic Monkeys.

«A máis antiga ‹Máis antiga   201 – 222 de 222   Máis recente › A máis nova»

Publicar un comentario