Entre os pasados 15 de xuño e 15 de xullo celebrouse nos EEUU (país de longa tradición futbolística, como todos sabemos) o mundial de clubes auspiciado pola FIFA e patrocinado por empresas como a china Hisense (fabricante de electrónica de consumo), a cervexera belga AB InBev, o Bank of America e Coca Cola. Hai moitas máis marcas detrás do evento, pero estas catro cargaron co máis nutrido do orzamento. A canle de televisión DAZN foi a responsable de retransmitir o campeonato para todo o planeta. Como é sabido, o Chelsea de Maresca foi o gañador dun torneo interminable no cal destacaron por riba de todo as gradas semibaleiras dos estadios norteamericanos (a gran maioría do público potencial estaba agochándose dos raids do nefando ICE ou nun avión sen garantías procesais camiño do Salvador), a cara de aburrimento supremo do clown laranxa que preside o país durante a final e a publicidade omnipresente das marcas procedentes da península arábiga, empeñadas en darlle unha capiña de modernidade ás súas monarquías feudais a base de patrocinar todos os deportes imaxinables. O campeonato sintetizou así nun so evento tres tendencias mundiais converxentes: o emprego de todos os días do ano para ter algún tipo de partido de alto nivel en todas as televisións do mundo, a exportación por machaque dos deportes máis masivos a todos os mercados planetarios por refractarios que estos sexan (falei xa da longa tradición do fútbol nos EEUU?) e, sobre todo, blanquear reximes autoritarios e megacorporacións globais a base de publicidade asociada ao deporte.
|  | 
| A vergoña feita cartel | 
O mundial de clubes, negocio elefantisíaco para a FIFA e as súas marcas asociadas, agudiza a conversión do deporte profesional nunha especie de trituradora na cal so importa o vello adagio “minimizar os gastos, maximizar os beneficios, e, en caso de quebra, que nos rescate o estado”. Descoñezo o seguimento que tivo o evento. O estraño é que, tras unha tempada futbolística que non daba rematado, na cal os torneos nacionais e internacionas saturan a infosfera de partidos e comentarios sobre os partidos, os aficionados aínda tiveran ánimos para seguir os encontros e emocionarse un pouco coas tribulacións dos seus equipos (neste caso os seareiros do Atlético e Real Madrid como representantes de Expaña). A maniobra parece seguir o camiño que teñen marcado os presidentes dos equipos “grandes” de Europa: centrar o espectáculo futbolístico global nun grupo de equipos (lembremos a intentona da Superliga que non foi adiante pero que probablemente volte a saír a escena no medio prazo) que se supoñe son os que tiran dos espectadores e recluir ao resto en ligas locais devaluadas pola falta dos seus actores principais. A lóxica do mercado por riba da lóxica do propio deporte, dos seus principios fundacionais (xogar e pasalo ben antes que nada) ou da complexa relación que se dá entre afeccionados e clubes, relación na cal o elemento xeográfico e o sentimental xogan papeis determinantes máis alá de orzamentos, dereitos televisivos, participación no mercado global de xogadores ou mesmo victorias e derrotas. É o que hai. Probablemente o futuro vaia semellarse a este mundial de clubes (no cal estarían, ademais, algús equipos que quedaron fora desta volta): unha tempada saltando de país en país según as necesidades do guión (campañas de lavado de cara de estados autoritarios rebosantes de petrodólares), un mercado sen límites orzamentarios e un grupo de xogadores e representantes convertidos en megaídolos globais, a medio camiño entre a tradicional estrela do rock e o influencer contemporáneo. Difícil engancharse emocionalmente a semellante maquinaria de deshumanización e baleirado de afectos en nome do rendemento económico.
Pero mentras o mundo, o deportivo e o real, proseguen no seu camiño firme cara ao abismo, cos EEUU tirando con moita enerxía nesa dirección, na nosa xeografía máis próxima teñen lugar eventos que nos permiten imaxinar futuros alternativos a este estado desquiciado de cousas. O exemplo máis obvio sería esa competición internacional coñecida como AGC (non sei se lles soará), encarnación contemporánea do que é o espírito futboleiro e modelo organizativo exemplar da que se ten falado moito e moi ben en diferentes foros, polo que non engadirei nada sobre ela. Un exemplo menos obvio pero igual de interesante é o Mundialito de Cangas do Morrazo organizado polo C.F. Kenyata Cangas e que cumpriu corenta edicións o pasado 2023. Para este 2025, na que sería a súa 42ª edición, parece non haber nada programado aínda a día de hoxe (31 de xullo de 2025). Os conflictos entre o C.F. Kenyata e o concello de Cangas motivados polo uso do campo de fútbol municipal probablemente teñan algo que ver con esta falta de información.
As corenta e unha edicións celebradas do devandito campionato arrancaron en 1980. Conta o xornalista J. Santos nun artigo da Voz de Galicia de 2010 conmemorando o trinta aniversario da competición: “[as dúas primeiras edicións] fueron en el campo de Massó, con acampada, cocinillas y asadores, abundante alcohol y un desmadre generalizado, incluyendo el apartado sexual. «Era una noche erótica y alcohólica», recuerda Camiña [Manuel Camiña, ideólogo do asunto]. Lo de menos era la competición. Hasta tal grado lo fue que más de un equipo afirma convencido que ganó el primer campeonato.” Como todas as competicións realmente grandes, as súas orixes aparecen envoltas nunha bruma que non remata de deixar claro quen gañou a primeira edición. Supoñemos que os factores citados polo propio Camiña tamén axudaron a consolidar este relato case mitolóxico deses primeiros pasos da competición
|  | 
| Talleres Veiga e Cafetería Panacota, campión e subcampión do Mundialito Kenyata 2024 (imaxe: Faro de Vigo) | 
Nun contexto moito máis emotivo é obrigatorio reseñar, tamén no Morrazo, o Mundialito Manu Reiriz que organiza a Cultural Deportiva Beluso dende 2022 e que cumpriu o pasado mes de xunio a súa 3ª edición. O clube levou adiante esta iniciativa tras o falecemento do seu capitán, Manu Reiriz, sendo os gañadores da primeira edición o Persianas Morrazo tras impoñerse por 2-0 a Amigos de Manu. Este torneo é unha derivada do señero Mundialito de Beluso, competición celebrada de forma intermitente ao longo das últimas décadas e que nalgúns momentos albergou competidores de moi alto nivel nos anos oitenta e noventa do século pasado. Na prensa local dispoñible en internet aparecen un par de novas relacionadas con isto. Unha delas, un artigo de 2015 do Faro de Vigo fala do triunfo do equipo “Los Niñatos” tras derrotar na tande de penaltis a “Muebles del Río”. Foron terceiros o Ötzi-Carnicería Sole, cuartos o Bar Cibeles e o premio de consolación acadouno o Nothingasprisas. O enxenio dos participantes debería ser tamén merecedor dalgún tipo de recoñecemento por parte da organización.
|  | 
| Los Niñatos e Muebles del Río na final de 2015 (imaxe: Faro de Vigo) | 
Temos, polo tanto, nuha especie de recta graduada, dous modelos radicalmente opostos de entender o fútbol entre os que transitan case todas as formas de organizar competicións neste deporte. Nun extremo están os campionatos (principalmente veraniegos) que moven a centos de xogadores afeccionados, semiprofesionais e mesmo algún profesional, organizados por directivas entusiastas de clubes modestos economicamente pero ricos en canteiras, motivación, entrega e profesionalidade deportiva. Nestes campionatos, adoita participar na organización un número cosiderable de socios e seareiros dos equipos que se responsabilizan do evento. É, polo tanto, unha especie de festa popular vinculada ao deporte, na cal atopamos o mellor do espírito futbolistico: gañas de pasalo ben cos colegas, de gañar como sexa, de estar de festa e de rematar celebrando cos contrarios os resultados tras os partidos. O tipo de evento que debería recibir toda clase de apoio por parte das administracións pola súa capacidade para crear vínculos entre a cidadanía e por exhibir o músculo da cooperación entre cidadáns anónimos sen que medie o ánimo de lucro. No outro extremo están as cousas como o campionato mundial de clubes, escaparates nos cales o deporte ocupa unha posición secundaria. O protagonismo, aquí, está totalmente alonxado da alegría da organización colectiva desinteresada. No seu lugar, a busca desesperada de beneficios económicos, a consolidación de marcas globais pola vía da publicidade e a entronización de ídolos mundiais convertidos en portadores do espírito da época (narcisismo e individualismo extremos) aparecen como claves de bóveda para o fútbol contemporáneo soportado polos fondos cataríes, os multimillonarios do gas ruso ou os exitosos empresarios chinos cuxas fortunas teñen unha orixe dubidosa.
Así, mentras o fútbol profesional apodrece baixo miles de millóns de euros, a alegría do xogo e a festa asociada a el mantéñense vivos en grandísimas competicións que se desenvolven grazas ao esforzo do capital humano local. Estos son os torneos de veras importantes. Ogallá que sigan aí durante décadas para, por contraste, amosar o vergoñento que resulta o fútbol neste momento do século XXI.
 
 

222 comentarios:
«A máis antiga ‹Máis antiga 201 – 222 de 222 Máis recente › A máis nova»
- 
Xandor Korzybskin
dixo...
- 
- 
10 de setembro de 2025, 12:44
  
- 
Xandor Korzybskin
dixo...
- 
- 
10 de setembro de 2025, 12:50
  
- 
Bartolomé Foulkes. Fío Galego
dixo...
- 
- 
11 de setembro de 2025, 23:44
  
- 
Mike Barja
dixo...
- 
- 
21 de setembro de 2025, 17:35
  
- 
Malek Deva
dixo...
- 
- 
24 de setembro de 2025, 21:07
  
- 
La gilipollez más notable que he visto en los últimos años
dixo...
- 
- 
25 de setembro de 2025, 21:43
  
- 
Javier Villafañe
dixo...
- 
- 
28 de setembro de 2025, 12:01
  
- 
Andar por los puertos es una de la formas de pereza que enriquece más
dixo...
- 
- 
3 de outubro de 2025, 00:02
  
- 
se follaba mucho y bien y la vida tenía el culo duro y las tetas tiesas.
dixo...
- 
- 
7 de outubro de 2025, 22:42
  
- 
Balón de playa
dixo...
- 
- 
7 de outubro de 2025, 22:53
  
- 
O Vadío Da Brétema
dixo...
- 
- 
10 de outubro de 2025, 18:43
  
- 
O Vadío Da Brétema
dixo...
- 
- 
10 de outubro de 2025, 18:50
  
- 
Misfits en un Saco de Patatas
dixo...
- 
- 
16 de outubro de 2025, 23:39
  
- 
Andar por los puertos es una de la formas de pereza que enriquece más
dixo...
- 
- 
17 de outubro de 2025, 12:05
  
- 
Llamazares
dixo...
- 
- 
19 de outubro de 2025, 07:21
  
- 
Xabutu Bréfetes
dixo...
- 
- 
19 de outubro de 2025, 18:27
  
- 
Xabutu Bréfetes
dixo...
- 
- 
19 de outubro de 2025, 18:32
  
- 
Xan Carallo
dixo...
- 
- 
19 de outubro de 2025, 18:34
  
- 
O Vadío Da Brétema
dixo...
- 
- 
19 de outubro de 2025, 20:03
  
- 
Llamazares
dixo...
- 
- 
19 de outubro de 2025, 20:30
  
- 
Me gusta follar en pelotas
dixo...
- 
- 
19 de outubro de 2025, 20:32
  
- 
The Puto Pato Glücklich
dixo...
- 
- 
19 de outubro de 2025, 21:04
  
«A máis antiga ‹Máis antiga 201 – 222 de 222 Máis recente › A máis nova»Si este espacio de especulación por fuera del capitalismo no es un espejismo, y si «aún no sabemos lo que puede hacer un cuerpo tecnosocial moderno», ¿no es esta labor de lo inhumano algo no sólo racionalista, sino también vitalista en el sentido sifonesco del término, algo que tiene que ver con el ser humano indisolublemente técnico y social (homo sive machina), en los dos aspectos de su trabajo colectivo sobre el mundo y sobre sí mismo? ¿Homo hominans y Homo hominata?
La era del Antropoceno es el período geológico en el que las acciones colectivas de los seres humanos modificaron de forma drástica el tejido mismo del planeta. Esto requiere de nosotros, en tanto seres humanos, que podamos reconcebir la manera en que conectamos con otras entidades. Dicha reconcepción implica no solo nuestra toma de conciencia de que ya no gozamos de los privilegios que creíamos poseer, sino que también nos pone ante una realidad que está fuera de nuestro alcance y control. En el intento por recuperar aquello que no se puede reparar fácilmente, nos enfrentamos a la paradoja del Antropoceno: por un lado, se nos ha definido como la fuerza que ha logrado alterar el curso del planeta, mientras que al mismo tiempo esta nos obliga a renegociar nuestra posición por medio de asignar agencia o primacía a otras entidades no humanas. Repartir agencia a otras entidades no humanas comporta cierta visión no-antropocéntrica del mundo que, a ojos de algunos, puede sugerir el fin del mundo tal como lo conocemos. ¿Qué queda del mundo, entonces, si eliminamos el constructo humano del mundo?
Con el fin de terminar con la nostalgia, habría que silenciar por completo la memoria. Y aún más, para de veras exterminar el más mínimo síntoma de pavor al pasado o el futuro, no queda otra que no albergar ni siquiera un pensamiento. Librarse de todos o, al contrario, guardarlos todos, hasta que cada uno de ellos, del primero al último, nos repugne y nos enferme y la carne se encargue de expulsarlos, como espinas envenenadas.
Teníamos cuarenta años, la edad idónea para saber que las promesas de adolescencia nunca se cumplen.
Yo he aprendido muchísimo gracias a su uso: he visto medir la vida por las gotas de solución de morfina que hay en un cuentagotas
Después de ver al Rey de España recitar la antisemita basura sanchista en la ONU (ese estercolero islamo–neocomunista), le digo a los españoles y a mí mismo que antes alguna esperanza deposité en el Rey: abandonad toda esperanza. Lo que he visto en la ONU no es un Rey es una especie de mucamo de Sánchez. Un spineless total. Un llorica profesional.
Aquel gol era tan incapaz de reconocerlo como de negarlo
Ah, la terrible campaña furibunda contra las pachangas de fútbol. Pachangas clandestinas disputadas nocturnamente en descampados de la periferia para sortear la vigilancia de los escuadrones de la porra de las locas del coño y tal. Es que madre mía.
El que crea que estas bataholas ideológicas son espontáneas no tiene remedio: es subnormal.
Pero él mismo observa que esas conversaciones solo rescatan recuerdos; ya nunca los crean. «¿Te acuerdas de la vez aquella que…?». Y se ríen mucho, se siguen riendo, pero es una risa-eco, los restos de stock de la risa de otro tiempo, periclitado y sellado.
Nos erguemos a contemprar o mundo, o cal, ollado dista individual maneira, é falado por nós –expresado, limbado, anosado–, coa nosa lingua singolar. Cada home é unha vida e cada nazón unha historia
Se somos galegos, falemos galego, porque a visión, expresión e posesión do mundo que temos os galegos é a lingua: é o noso ben maior.
Después de tres siglos de barbecho, la tierra feraz de España hizo pavorosamente prolífica la semilla de la estupidez y la crueldad ancestrales. Es vano el intento de señalar los focos de contagio de la vieja fiebre cainita en este o aquel sector social, en esta o aquella zona de la vida española. Ni blancos ni rojos tienen nada que reprocharse. Idiotas y asesinos se han producido y actuado con idéntica profusión e intensidad en los dos bandos que se partieran España.
Se llaman gallegos por la blancura, al igual que los galos. En efecto, destacan por su blancura sobre los demás pueblos de Hispania
Salvo el muy modesto, hoy el fútbol ha perdido cualquier fibra romántica. Antes había una cierta identificación con lo que simbolizaban ciertos equipos de fútbol.
Y todo esto se ha diluido ya. El fútbol se rige por intereses comerciales y empresariales y por eso me sorprende que la gente se identifique sentimentalmente con equipos que son multinacionales. Es como si alguien se identificase sentimentalmente con un banco.
El día que morrió mio buelu suañó que taba a la sombra d`una zrezal cerca del ríu, durmiendo.
Y mentes dormía suañaba que les zrezes ya madures
de xunu apicalvaben, poníense verdes y espalmaben
ente la fueya rosao d`una antigua mañana de marzu.
Suañó que los caminos ermos abríen el pasu de la xente
que volvía con cantares na boca y palabres perdíes
cuantayá pela xamasca.
Suañó cases que nacíen del fueu,
yerba del gadañu, árboles de la madera.
Suañó una vieya furmosa que yera a cada día que pasaba
munchu más nueva.
Y cuandu acordó un neñu salió d`el, camín del ríu, corriendo.
Con fabes y sidrina nun fai falta gasolina
¡Cuánto marisco hay que comer para llevarse los garbanzos a casa!
sangue, voluptuosidade e morte
Antes las catedrales eran templos de adoración de la divinidad, y ahora esta función la cumplen de alguna manera los grandes es- tadios deportivos, donde se rinde culto a dioses en pantalón corto corriendo detrás de un balón. Y es que el fútbol es una especie de religión profana en la que muchos futbolistas reciben el trato de auténticos dioses. Existe también un yihadismo de gran parte de los aficionados que conciben su afición por tal equipo como si fuera una pertenencia, y donde la única religión verdadera es la suya y todas las demás estuvieran equivocadas. Esta necesidad de exaltación colectiva de la divinidad también la veo en los grandes edificios de los centros comerciales, donde en este caso se hacen sacrificios a otra religión: el consumo.
Hay dos formas de interpretar el fútbol: creer que es más que un deporte o, por el contrario, solamente un deporte. Exagerarlo o limitarse a su naturaleza. Los primeros filosofan con la dimensión social del fenómeno. Los segundos hinchan el globo de la táctica. El análisis, los datos, el sistema, las permutas, la pizarra. Viven anclados a ese tipo de conceptos. La estrategia despierta en mí un interés relativo. Prefiero ver los partidos como si fueran obras plásticas, enigmas, creaciones gratuitas sin respuesta alguna. El fútbol me fascina como ente misterioso, negándome a pensar que cada acción del juego merece un diagnóstico. Ni que todas las jugadas estuvieran estipuladas.
Hay quien cruza el bosque y solo ve leña para el fuego
Publicar un comentario