header-photo

Pleonexia e catasterismos indesexables: a pandemia do fútbol profesional contemporáneo

Bon Leste. The Pines. Agosto de 2020. Unha nova xeración de boniatos vai tratando de coller forma baixo a mirada atenta do Main. Os restos resecos dos piñeiros convertidos en esculturas case pétreas permañecen indiferentes aos esforzos da rapazada. De fondo, as ondas da Ría de Aldán baten insistentes contra a liña de costa procurando a banda sonora da eternidade á película que se vai desenvolvendo, un verán máis, no campo no que crecen as cruces de ferro. Os xogadores case adolescentes ensaian os seus trucos como pequenos magos aprendendo o oficio entre berros, patadas e entradas no límite non do permitido senón do que separa a visita ao servizo de urxencias de Bueu dun simple susto. "Aquí non hai pachangas". A frase, que merecería estar inscrita nas rochas ou, como mínimo presidir a entrada do campo, vai callando nas cabezas igual que as marcas das caídas van repetíndose nas pernas dos menos afortunados. Entre pases desafortunados e goles errados a porta baleira -movementos clásicos do ballets boniatos- vai quedando claro que os estándares de xogo teñen mudado profundamente. O fútbol que teñen aprendido as novas xeracións semella máis enfocado ao lucimento persoal -ao slalom à la Messi ou á cabalgada cristianoronaldiana- que á construción dalgún tipo de xogo colectivo con algo de sentido. Tirar unha parede, buscar o desmarque, ocupar os espazos con cabeza semellan costumes máis propias do paleozoico que do século XXI. Unha mestura da lóxica da estrela de rock máis a mentalidade de gañador do pokerstars xunto a idiosincrasia do youtuber con cincuenta seguidores semella enchoupar os movementos dos xogadores. Un cántico colectivo á mentalidade hiperindividualista dominante. Unha transformación que mudou de facerlle un bullying encabronado ao detestado "chupón" de toda a vida a alabar a este como figura heroica da nosa contemporaneidade. Cando comezou a ter lugar este proceso? Como diría o protagonista de From Hell, imos por partes.



Comecemos por recoñecer o evidente. O fútbol, deporte colectivo por excelencia, non é nada -a nivel profesional, claro- sen as súas constelacións de estrelas. Mesmo na época do fútbol total holandés nos gloriosos setenta, con cada xogador capacitado para desenvolverse practicamente en calquera posición en beneficio do xogo do equipo, era preciso dispoñer dun Cruyff capaz de exercer de líder nos momentos máis complicados. Quizais a moitos niveis, os anos setenta e os primeiros anos oitenta do século XX corresponden cunha vivencia do deporte amoldada ás condicións da época. Toda a tensión social destes anos, a crispación derivada do final do ciclo de acumulación de capital e da conseguinte crise, trasladouse a todas as esferas da vida, incluída, claro está a do deporte profesional. O fútbol da época era moitas cousas. Non destacaba pola súa sutileza nin pola súa finura. Nos vestiarios eran comúns o tabaco e o alcohol e, xa no límite de todo, nun equipo como a Lazio, que gañou o Scudetto de 1974, os xogadores levaban pistolas coas que, se di, acendían e apagaban as luces dos hoteis nos que se aloxaban ou disparaban entre as pernas dos novos fichaxes para ver se eran dignos de xogar no equipo. O espírito futboleiro da época era tendendo a rudo e ás veces violento, impregnado dun poderoso sentido do colectivo e articulado arredor das xerarquías asociadas ao tempo que levaba cada xogador no equipo case antes que aos méritos deportivos. As fichas que tiñan os xogadores mellor pagados non estaban a unha distancia sideral das dos curritos do equipo e, sendo uns privilexiados no salarial, a diferencia cos soldos medios da época non era a barbaridade que é actualmente. Sirva de exemplo o Laurie Cunningham de 1979 (primeira fichaxe inglesa do Real Madrid), un dos xogadores mellor pagados da época: os seus emolumentos equivalían a 48 veces o Salario Mínimo Interprofesional de finais dos setenta. En comparación, o Cristiano Ronaldo de 2013 cobraba o equivalente a 1937 SMIs. Esta tolemia crematística é, sen dúbida, un dos factores que explican o absurdo do fútbol profesional contemporáneo. As estrelas dos equipos pasaron de ser referentes morais dentro do equipo (tanto polo factor diferencial das súas cualidades particulares como pola intensidade do seu compromiso) a figuras escandalosamente ben pagadas, máis próximas nas súas actitudes públicas a das estrelas do cinema ou da música que a dos deportistas clásicos. Personaxes situadas por riba do ben e do mal, capaces de defraudar millóns de euros a facenda e seguir sendo vistos como heroes inmaculados. Coidadores narcisistas da súa propia marca persoal antes que calquera outra cousa.

 


 
Pero non só o estatus destas megafiguras globais ten mudado (a peor) nestes corenta anos. Os propios equipos de fútbol tamén teñen levado a cabo a súa propia reconversión económico-social, converténdose, por riba de todo en maquinarias engraxadas para producir o maior beneficio económico posible. Vendidos a toda clase de multimillonarios planetarios ou controlados por empresarios insignes do gran capital nacional (caso de Florentino ou de Nobita), os actuais clubes de fútbol profesional entenden os éxitos deportivos como escaparates para facer caixa, nunha carreira por pegar o pelotazo maior o máis depresa posible. Así, convertidos os seus xogadores en soportes publicitarios de corporacións transnacionais, o valor destes está determinado tanto pola súa calidade dentro do terreo de xogo como pola súa capacidade para xerar atracción mediática e, polo tanto, ingresos adicionais por anunciar toda clase de cousas. O modelo de negocio ven sendo o das grandes compañías de Internet: vender anuncios por riba de todo. O resultado deste proceso é o imparable camiño da santificación económica das estrelas. Deixan de ser só  coñecidos polo seu talento futbolístico. Os seus estilo de vida e as súas opinións sobre calquera cousa pasan a ser parte dun pack que combina rentabilidade futbolística, rendemento empresarial e imaxe de marca. Ao iren converténdose eles mesmos en marcas comerciais vai tendo lugar un proceso de erosión na relación "sentimental" co clube ao que pertencen e coa afección que os eleva aos altares da celebridade. De integrantes dunha plantilla a superben pagadas figuras con meras relacións contractuais vai un paso decisivo. Polo tanto, estruturalmente, as ligas globais coas súas servidumes televisivas e publicitarias son co-responsables do proceso de creación destas figuras insoportables.

Unha terceira pata deste proceso o forman as canteiras planetarias de xogadores de fútbol que manteñen o ritmo da máquina. Un exército de vixiantes controla as ligas cadetes, infantís e mesmo benxamíns de todo o mundo na busca da penúltima figura do deporte rei. A historia comeza cun neno que debería estar facendo tranquilamente a primaria no seu pobo e que recibe, de súpeto, unha chamada dalgún megaclube ofrecéndolle un precontrato para pasar polas súas canteiras. Esta rede global -tan aparentemente xusta para tódalas partes, xogadores en idade escolar, pais necesitados de cartos e clubes ávidos de novidades rutilantes- é unha desgraza máis inserta no mecanismo do negocio do fútbol global. As ofertas que se fan e o futuro que prometen ocultan a realidade dos miles de xogadores que, deslumbrados polos sonos de gloria por vir, rematan quedándose no camiño en terra de ninguén, sen traxectoria profesional nin estudos.

 


 

Bon Leste. Agosto de 2020. The Pines. Un rapaz cuxa altura nin sequera lle da para chegar a tocar o traveseiro da portería ven de regatear a un, dous, tres, catro xogadores rivais e de meter un pelotazo que envía a bola fora do campo. Os berros do Main escóitanse ata en Cabo Udra. Na súa cabeza o rapaz víase como CR7, como Messi ou como o futbolista que estea agora mesmo de moda (poña aquí o seu nome favorito): el só xogando contra o mundo mentras arredor unha multitude imaxinaria aplaudía ao borde do éxtase, miles de youtubers comentaban a xogada e no chiringuito de jugones o elevaban á categoría de mellor xogador da xornada. O seu trastorno, tan común, é a norma, non é unha tara persoal. O mundo do fútbol está deseñado para que iso que acaba de facer sexa considerado como o correcto. O rapaz, mentras baixa a cabeza escoitando a riada de reproches, pensa na súa marca persoal, aínda en fase de probas, e vai ensaiando posturas, xestos, poses, bailes de tiktok para facer ante as cámaras de televisión e mesmo cortes de pelo imaxinarios para cando o inviten á cerimonia de entrega do balón de oro 2030 como candidato indiscutible. Ao tempo, vai pensando o valor da súa futura cláusula de rescisión, a eslora do iate que comprará coa súa ficha e o nome da modelo coa que se vai liar despois da festa de presentación que van facerlle no equipo líder da liga europea na que vai xogar. Pero o volume dos berros vai devolvéndoo ao mundo real: "...así non imos gañar a XX nin de coña!!! Pasa a pelota, busca aos teus compañeiros e non xogues como se foras ti o único xogador do equipo!!!". 

 Quizais o fútbol de verdade xa só ten lugar nunha única competición no mundo. 



247 comentarios:

«A máis antiga   ‹Máis antiga   201 – 247 de 247   Máis recente ›   A máis nova»
  1. La faceta de leñador del Barón Corvo Trelawny dixo...
  2. Lo que sobre todo deseaba era recrearme una vez más todavía con la visión de los viejos árboles; el que se extingan en la Tierra es, de todas las malas señales, la que más da que pensar. Pues los viejos árboles son los símbolos más poderosos no sólo de la fuerza intacta de la Tierra, sino también de ese espíritu de los antepasados que perdura en la madera de las cunas, de los lechos, de los ataúdes. En los árboles viejos habita como en relicarios una vida bendecida, que el ser humano pierde cuando caen al suelo

  3. Saúl González Mendieta dixo...
  4. liendres, piojos
    los chavales joviales del hoy son los verdugos del mañana.

  5. En Resumen dixo...
  6. En resumen

    Crítica populista contra los dos mejores jugadores del mundo rebuznada con la coartada de que en una playa un señor le grita a unos mocosos.

  7. Trapecista Tracio dixo...
  8. Los jóvenes destruían a los viejos sin pensar que, al hacerlo, se destruían a sí mismos, dilatando sus arterias y aplastando sus nudillos, para ser, al fin, aniquilados por una nueva generación de jóvenes. Pues la juventud ha de ser siempre joven

  9. O BichoBola dixo...
  10. Años que no recuerdas porque estabas demasiado ocupado fingiendo que la verdadera tristeza no era más que nostalgia inventada

  11. Elmer Gruñón Egghead Fuck dixo...
  12. I eat the apples and the fish while she kneels quietly beside me. I stand up to take a piss. The old wind is so strong it carries the smell of my piss far away, so I can piss on the pigpen wall without being afraid that Hob will find me. My penis is big, but it gets smaller as the water comes out of it. I turn and see that the girl is looking at my penis and smiling.

  13. Lord Strange dixo...
  14. Poder volver a los partidos de la infancia nos provoca ganas de ir al bosque, hacer un círculo mágico y bailar desnudos para que la deidad de turno nos conceda nuestro deseo.

  15. Mr Patacas dixo...
  16. Les pido estabilidad en los agarres y lealtad en la disputa. No quiero sustos.

  17. Theatre of Pain dixo...
  18. Los castigos físicos estaban a la orden del partido, lo llamábamos “la hostia flotante”, porque en cualquier momento te podía caer un bofetón o una patada por cualquier cosa.

  19. Miquiztli dixo...
  20. Siempre hay que defender nuestra ración de tiempo y paraíso

  21. El par torsor nunca duerme dixo...
  22. Sed abyectos, seréis auténticos

  23. Nearca Renuente dixo...
  24. Juagar al fútbol en Bon es escribir sobre un papel que arde

  25. Prisciliano dixo...
  26. La movida herética había comenzado mucho antes, según la historiadora boniata Pino Bridge , alrededor del año 30 de la era du Main, coincidiendo con la acampada en un chiringo de los primeros gnósticos, llamados “agapetas”, aficionados al culto orgiástico nocturno y otros excesos carnales y espirituales. También los practicaron, con vocación insana, sus sucesores los “priscilianistas”, secuaces del insigne Prisciliano, un gran provocador mesiánico que revolucionó la Galicia céltica y apacible de entonces y la convirtió, hasta la implacable intervención del poder eclesiástico, en un burdel sacramental donde hombres y mujeres oficiaban sin distinción, inspirados por los gestos del heresiarca, en toda clase de liturgias transgresoras y obscenas.

  27. Tengo envidia del lobo gris que se disimula en la lluvia. dixo...
  28. La agilidad de Pino Bridge que era capaz de treparse a una palmera para juntar huevos de urraca o de paloma a la hora de la siesta.
    Heredó y esto parece una utopía el cutis de las magnolias
    que en los floreros daban con su perfume
    dolor de cabeza para el resto del día.
    Heredó con toda reserva el ímpetu avasallador de algunos
    adornos encerrados en la vitrina de una sala: un tigre de marfil rodeado por una serpiente con flores perversas.
    10 copas del mundialito de Hío
    Heredó la belleza
    ¡quisiera saber de quién!
    ella dice que la heredó de un plato sopero donde en el fondo de la sopa de tapioca, brillaba siempre la follable Diana Cazadora.
    De las consecutivas mañanas de verano la mentira.
    De un gato la entrega aparente de sí misma a cualquiera o a nadie.
    De Mike Barja en un libro de mitología amarse por sobre todas las cosas.
    Heredó del lebrel la elasticidad y la dulzura
    el color de los dientes y de la lengua y ese apetito incontenible
    frente a cualquier plato de carne humana.
    Heredó el vaivén de la mecedora y del columpio de la playa
    donde grabó en la madera del asiento sus iniciales.
    De los sapos la voracidad sexual que dura tanto en apagarse como las noches de Newcastle y de Bueu.
    Aunque nunca trabajó en un circo de contorsionista como era su vocación sus articulaciones tan flojas podían desmembrarse, lo he comprobado, en pocos minutos, sin instrumentos quirúrgicos
    ni la habilidad técnica que ya he olvidado pero que inspiraba la admiración de mis porcos bravos.

  29. Scoundrel Scourge dixo...
  30. el itinerario de un alma perdida en un laberinto donde intenta cazar, al vuelo de su imaginación, los sentimientos y las sensaciones de su pasada felicidad

  31. The heavy bear that goes with me dixo...
  32. vendrá un tiempo en que los hijos elegirán a sus padres


    no se hará nada por azar



    no se pondrán puertas al campo de Bon y al trabajo lo elegiremos
    no seremos caballos

  33. Trapecista Tracio dixo...
  34. Los partidos eran como una receta para la carne dura: vapuléala con un mazo, luego marínala y ablándala.

  35. Tristan Corbière Calvados dixo...
  36. Y la gris resaca, esa corriente que le aleja a uno de tierra firme, que le lleva mar gris adentro, cerebro adentro.

  37. Inmuscusión Terrupta dixo...
  38. ¡Mira, oh anglogalician, el Le Main se convirtió en amo y en señor por medio de la represión y el símbolo! ¿No es esto hermoso?

  39. Kindred Dowland dixo...
  40. Todo arquetipo es espurio.

  41. Félix Lope de Vega dixo...
  42. Volví así a mi vida al descubierto, portamantas a cuestas, y aunque curaba de sacar las brasas con mano de gato y traía más rabos que un pulpo, mi dañada intención me arrastraba a nuevos lances y atolladeros. ¡Mejor ser ignorante como un buey de cabestro que un burro cargado de ciencia!: mis pretensiones de figurar como el que no era me hicieron caer en la red y dar con los huesos en ese hospital con rejas al que llevan a tumbos la ruindad y la pobreza.

  43. The Puto Pato Glücklich dixo...
  44. Del bien acuchillado se hace el buen cirujano

  45. Green bird dixo...
  46. Con su Mirada.

  47. All the Porco's Bravos Main dixo...
  48. Para enseñarle a vivir en un mundo brutal cría al niño en la recia disciplina del porcobravismo.

  49. Ramón Díaz-Caneja dixo...
  50. El pasado es un árido paisaje invadido por una imaginación que vegeta; esa secularización del ideal.

  51. Blake Absenta o el celebérrimo * Roberto Tumbas en todas las resacas dixo...
  52. El hábito es más fiable que la inspiración, el aprendizaje constante más fiable que el talento.

  53. Le Main tiene un pájaro azul en una jaula roja dixo...
  54. 25 de Novembro, día oficial de McKey.

    Larga vida a Negan.

  55. Colin Frasca Reyerta conocido como Connor O' Farrell dixo...
  56. La vandálica juventud debe eternamente convertir en ruinas el templo de su patrimonio cultural, y entonces, haciendo girar los escombros en la mano, comenzar a preguntarse cosas y volverse sabia, arrepentirse de su ignorancia y al fin solicitar la argamasa y la pala.

  57. Macedonio Fernández dixo...
  58. Lo cierto, si acaso, si hay algo cierto, es que en el fútbol actual tener de tu parte al individuo, a la improvisación, al arte cuesta una fortuna: es un lujo de jeques y otros ladrones de subsuelos. La belleza en el fútbol es privilegio de los ricos más ricos: los cuatro o cinco que se lo compran todo. (La belleza a menudo lo es, y es un problema: va a haber que inventar otras bellezas.)

  59. John Ford dixo...
  60. Myth is the way things never were but always are.

  61. el Tántalo está entre el Hafnio y el Wolframio en la tabla periódica y sale de un mineral llamado tantalita, columbita o coltán convirtiendo en un infierno muchos lugares de África como Katanga dixo...
  62. Su voluntad de aniquilación no va a exterminarlos, la carnicería apenas es nada.

  63. Andar por los puertos es una de la formas de pereza que enriquece más dixo...
  64. Todo lo que yo digo es por la vía del discurso, y nada por la vía del consejo. Yo no hablaría tan audazmente si tuviera que ser creído.

  65. Como un torrente de odio dixo...
  66. Bueu le presta a la novela puesta en imágenes, el puerto, la plaza del pescado, el pazo de Santa Cruz que es la casa de Juan Aldán. La ensenada de Bueu forma dentro de la ría de Pontevedra un amplio seno tapizado de playas y dominado por el monte Leboreiro. Hasta entrado el siglo, el puerto sólo tenía un estrecho muelle de madera y estaba abierto al Norte dominante, sin otro resguardo que las estribaciones del alto de Poio, en la otra margen de la ría. Para acceder al puerto hay que salvar el imponente bajo del Cabalo de Bueu.El año en que Carlos Deza, el médico de locos, llega a Pueblanueva, Bueu tenía 9.000 habitantes, tres fábricas de salazón, tres de conservas, casino, una farmacia y cuatro médicos. Hasta finales de siglo son extremas las dificultades de comunicación por tierra de Bueu. Los veinte kilómetros que la separaban de Pontevedra eran un azar sobre la antigua estrada real, de accidentado firme. Otro camino hacia Cangas, en la ría de Vigo, se consideraba aún más intransitable. Su mejor puerta para el comercio y el transporte era, sin duda, la del mar y, a través de ella, la pesca artesanal se convertiría en industria en breve plazo. Emigraciones de empresarios y comerciantes catalanes, en 1750 y años anteriores a la invasión francesa, establecieron la conserva industrial, al tiempo que un nuevo circuito comercial que proveía peix salat al Mediterráneo valenciano y catalán, desabastecido por las guerras de mediados del XVIII que acabaron con el tráfico inglés.
    Apenas ocho kilómetros separan al pazo de Santa Cruz, que sirve de mansión decadente de los Aldán, en el municipio de Bueu, de la Torre de Aldán que es, en imágenes, el solar del médico de locos. También pertenecen a la geografía de la península, del Morrazo (la lengua de tierra que separa las rías de Vigo y Pontevedra), las secuencias de los accesos al pazo de Carlos Deza, rodadas entre las playas de Mogor y Portocelo, en un camino adoselado por robles y tejos con el adorno de bionías, cistos, endrinos, hidra, salicarias y algún acebo.
    El nombre de Bueu (del gallego Boedo, Junquera), jamás citado en Los gozos y las sombras, parece sin duda una de las claves de esta crónica de la agonía de las últimas familias rentistas. La caída de las rentas agrarias, el despegue de las pesquerías y de la industria conservadora y las remesas de los primeros emigrantes de América, son el último cerco de estos gatopardos remotos. Si resisten en el primer tercio de siglo, más allá del epitafio que les hace Valle-Inclán cuando la derrota carlista, es gracias al aislamiento extremo de Galicia. Pero las relaciones clientelares ya obedecían al dictado de la industria de la pesca, que aún conserva una leyenda de sometimiento sexual al empleador.Sin embargo, el decorado de piedras, torres, calles enlosadas y porticadas, la puesta en escena del medio urbano de Pueblanueva, se ha resuelto en Pontevedra, la ciudad con más blasones por habitante del mundo, según un cronista local.

  67. Churrasco ahumado dixo...
  68. Nunca se entregará por los caminos a cantos, ni distracciones impropias del carácter y posición que ocupa. Su silencio y seriedad deben imponer más que sus armas

  69. Menelao Virgilio Eiroa Rábago dixo...
  70. aguantaba nuestro equipo once titanes y nosotros deshilachábamos
    la infancia a ratos contra un adversario implacable

    y ya lejos saber

    que en todo aquello visagraba la aventura
    trizas hecha la felicidad en millones de diminutas felicidades

  71. García Valdés dixo...
  72. Terminada la juventud, se está a merced del miedo.

  73. Inés Castro Barreto dixo...
  74. No hay duda de que existen algunos ciclos generacionales que necesitan ser quebrantados, interrogados y bajados de sus pedestales

  75. Bjorn Mannsverk dixo...
  76. La poesía es un artículo de primera necesidad

  77. Una dictadura judeomasónica, una república comunista-bolivariana, con un virus chino que nos van a meter por la sangre y con el 5G nos van a controlar dixo...
  78. ¡Cuánta necrofilia hay en el recuerdo!

  79. Nostromo dixo...
  80. Yo no he tenido infancia ni juventud. En vano las busco en mi memoria, así como en vano intentas recordar la eternidad previa al nacimiento. Sin embargo, existe ahí una luz gris, un matiz, algo más claro que el negro a través del cual representamos la nada y que, de hecho, sin representarla, sin mostrar nada, es siquiera la señal de que existe el aparato a través del cual podría aparecer algo

  81. Lo único que tiene derecho a decir de mi gusto es que es anticuado; el suyo no tardará en serlo. dixo...
  82. Una Folerpa de Aceiro bajo los acebos y beso al final. La ingesta de mazapán provoca turrones.

  83. Guillerme Fróilaz de Traba dixo...
  84. La generación más joven debe asimilar lo que los jugadores mayores hemos aprendido a través de la experiencia. En el fútbol moderno ya no hay jugadores jóvenes que limpien las botas o carguen el agua, porque ahora hay gente especialmente entrenada para eso y no creo que sea bueno. Los jóvenes deben aprender las formas del fútbol lo antes posible, la forma en que funciona desde adentro.

    Instagram, Facebook y todo esta mierda. Lo borraría todo y me concentraría en cosas reales. Pero esto no es tan fácil de hacer para las generaciones más jóvenes. Todas estas estúpidas plataformas y cosas requieren mucho tiempo y atención y hacen que una persona no se concentre en su fútbol. No es necesario utilizarlo todos los días. Hay personas que revisan sus redes sociales tres veces al día, publican fotos y eso me preocupa mucho por los jóvenes.

  85. Søren Schopenhauer dixo...
  86. Quizás el episodio de los prismáticos de teatro prestados a un oficial para disparar contra la “canalla revolucionaria” que se rebeló contra el absolutismo, rompe esa imagen benevolente.
    Hay que educar a la chavalada en los preceptos de la Tradición y de la Causa.

  87. Carlos Paun-Gogüan dixo...
  88. OK, you don't want to defend. So score me two or three goals in every game. If you get them, you can do whatever you want. Otherwise, you'll defend like everyone else

  89. Segismundo Malatesta dixo...
  90. Nosotros concedemos a la juventud todos los derechos y toda la autoridad, la cual negamos y queremos arrancar brutalmente a los viejos, a los moribundos y a los muertos.

  91. los polvos pasajeros son para el verano dixo...
  92. Por un momento, cuando pasé junto a la muchacha carrilluda que iba empujando la bicicleta, mis miradas se cruzaron con las suyas, oblicuas y risueñas, que salían de ese fondo inhumano en que se desarrollaba la vida de la pequeña tribu, inaccesible tierra incógnita a la que no llegaría yo nunca

  93. Bienvenida realidad dixo...
  94. Un ídolo de masas deportivo, por su condición de ídolo y, por tanto de ejemplo, ejerce una influencia notoria entre la masa de seguidores. Por este motivo, muy a menudo se subraya la responsabilidad social y política que tienen los deportistas profesionales, de los que se espera que sean un espejo de valores sociales positivos. Un ídolo deportivo que defrauda a Hacienda no es desde luego el mejor ejemplo que cabe esperar. Tampoco un violador o alguien que maltrata a una mujer. Lo que haga y diga un ídolo deportivo tiene repercusiones sociales, sobre todo entre los más jóvenes y los niños.

«A máis antiga ‹Máis antiga   201 – 247 de 247   Máis recente › A máis nova»

Publicar un comentario