header-photo

Demo de rabo! Día de Pedra by Aser Álvarez


O tipo aquel case que nin me mirou. “Noooon, si cando o demo non ten nada que fagueeer mata as moscas co raaabo”, dixo aquel petrucio chepudo sen erguer a vista do chan cando me dispuña comezar o meu primeiro ascenso a Pena Trevinca. Aquel vellote con acento oriental andaba a acomedar os porcos e quixo avisarme dun perigo mortal mais dun xeito sutil. Eu fixen que non escoitaba e teño que recoñecer que foi unha cagada boa porque case remato a miña historieta naquela subida invernal que mesmo chegou a ser infernal por momentos.

Unha inmensa praca de xeo baixo a neve fixo que andivera a escorregar coma unha cucaracha sobre un espello branco coas Trevincas ao fondo. Unha bimbarreira insondable turraba de min dende abaixo coa fodida dozura da vertixe que provocan a nada e os xistos de coitela. Un cumio branco e xeado, afiado coma una faca xitana de corte limpo, desafiaba calquera rastro de vida que puidera alviscar entre o medo dende o alto do ceo, coma unha anfetamina xigante de luz branca de charcuteiro. Non sei moi ben como nin por que carallo, mais o certo foi que demo quixo darme outra oportunidade.

Dende aquela aventura montañeira con final feliz trato de reservar o rabo do meu demo interior para actividades que non teñan nada que ver con iso de matar moscas que tan ben facedes por estes lares. E agora que o penso ben, revisando as entradas e as calvas deste blog anglogalaico, penso que aquela frase pronunciada polo sabio labrego de Prado resume ben o procobravismo ilustrado, vitalista, cervexeiro e futbolante que catacteriza ao fato de tolos que andades polas ribeiras desta nosa mar, onde conviven os deuses celtas co demo priscilianista que todos levamos na punta do nabo. E por iso cando o demo non atopa nada mellor que facer mata as moscas co rabo.

Pola vosa puta culpa galicialbiona andiven toda a noite polo faiado da casa dos vellos na procura da musa que se agochaba dentro do meu Spalding de rugby. A mesma pelota coirona que cruzou comigo a nosa mar no maleteiro do Seat 124, un coche coñecido na familia coma Pomba Branca e que tiña eu daquela. O moi atrevido mesmo chegou a escribir unhas memorias de ultratumba despois dun ano xogando o seu tipo latino por conducir pola outra beira da estrada cos tolos dos ingleses. E mira que estivemos con Chateaubriand e coa derradeira pita de monte de Anglesey, e choveu un mundo durante aquela viaxe de retorno ao principio do mundo, de Plymouth a Santander, con ondas de oito metros meneando o universo enteiro. E chove hoxe miudo nos prados galeses que percorro montado no google earth, dende onde vexo medrar a herba e os cogumelos e fago voo rasante sobre as agullas de Snowdonia onde se mataron os fodidos londoners por non facer caso dos sabios. E furo esta noite polas toxeiras da costa de granito de Pembrokshire e reviso os portos dos contrabandistas de Cornualles.

Onde cona van xa a miña pombiña branca, a xefa da ferralla, e a pelota dos domingos soleados de resaca que me dera o welsh thug vexetariano, o grande bimbas Watkins, canda unha camiseta dos all blacks cheirando a crica podre. E onde il vai xa a musa putona do noso barrio obreiro de Cardiff, e aquel waterfront oxidado que anos despois mercou un emigrante de Santa Comba, quen se fixo rico coa venda de viños a granel, para erguer o Millenium Stadium e a casa do fodido fodedor de mulleres e de ovellas, como lles din os ingleses, o gran Tom Jones de escrava, cruz e pelo en peito.

Xa non sei canto tempo hai que Dylan Thomas me deixou tirado no pub da aldea a cambio dunha manchea de berberecho podre e unha pinta de cervexa quente galesa?. E que ben fixo o marraxo. Mais foi demasiado tarde, galo, demasiado tarde... Xa non cantes que pasou a primavera e nin a cheiramos con aquelas cuncas de fungos disecados pola mesa adiante e o disimulo do meu escuro pasado como lateral dereito do Sporting de Celanova. E toda aquela montaxe para que me deixaran sentar arredor das do ganchillo das mesas camilla (ou debera dicir mesas padiola in enxebre style) desta incivilizada parroquia de canibalismo como Dior manda (con rotacirmo fashion).

Hai que dicir na miña defensa, se existise algunha defensa posible, que a amnesia foi aplicada a base de estadullazos sobre un pasado duro, violento, marxinal e perigoso. Penso que renunciei a facer memoria definitivamente cando voltei do meu retiro espiritual en Gales, xusto antes de deixar o opio e trasladarme a Madrid para coñecer ao futuro padriño do meu fillo, Luis Boullosa, que xa daquela estaba deixando de fumar e escribindo con moito xeito. Mais xa choveu tanto sobre os nosos mortos que a auga borrou ata a memoria das corridas de touros en Pontevedra. So escoito xa , moi de cando en vez, as voces ancestrais que turran de min coma o ouveo dun lobo dende o alto do Penagache.

Cando chove miudo nos Mociños, por baixo da Coriscada, na faldra do Leboreiro, no mesmo principio do mundo, lembro de onde son os antergos e recoñezo na intimidade do cemiterio que os mellores anos da miña vida xuvenil paseinos fuxindo de Compostela, de Celanova e de Cardiff. As tres ces que me deixaron eivado e me levaron a Swansea, Cardigan e Llareggub, onde cheguei sen saber moi ben que carallo andaba a procurar. Atopei a Dylan Thomas unha noite nun andel cunha folla medio abterta e xogando ao snoocker. Intimamos unha tarde gris nadando arredor da Boathouse do artista maldito, onde mataba de fame aos pequenos. Xa lle dixen eu que non se liara con Stravinsky pero non fixo caso. As anfetas e a noite neoiorquina fixeron o resto. E no derradeiro taxi da esmorga ficou esquecida aquela obra mestra titulada Baixo o Bosque de Leite, escrita para a BBC e que despois recuperamos porque o taxista era de Celanova, capital Newark, e adaptamos ao teatro aquel fermoso texto na sala Nasa de Compostela. Ata Vidal Bolaño veu presenciar aquel atentado feito para esquecer.

Cando podo deito no esquecemento aquel pastilleo de Bristol, o house e os viños malos e as nenas con cara de vella que pululaban por aquela cidade de triquinose e purgatorio victoriano, onde os contrabandistas sempre nos sentimos coma na casa, arrolados polo mar e pola raia invisible que cruzaba o seu porto pirata a altas horas da madrugada. Sempre aquela raia e outra irrepetible cruzando a circunferencia infinda da rosa dos ventos. Aquela raia seca e branca que marcaba os lindeiros do lateral dereito, arrepentido crebanoces da rexional preferente grupo sur do norte. A sempre lonxana raia da liña de gol trala que agardaba aquela moza a xogar coa cometa azul celeste en Castro Baroña, agardando a chegada da novena onda e unha pinadela de rabo de demo ipso facto. Porque na raia onde se xuntan a terra e o mar sempre acontecen cousas interesantes.

Son arraiano porque me peta e dame a gana, dende as raigames do tempo. Habito a mesma raia onde o demo xoga a matar moscas co rabo e onde o rabo do demo mosquea ao destino xogando coa vida e coa morte de xeito circular. Debeu ser aquela a derradeira raia que quixemos cruzar cando fundamos en Malasaña o mesmo destino daquela banda de rock chamada os Porcos Celtas, o desgrazado grupo terrorista que nunca deu ensaiado porque Shane MacGowan sempre deixaba os dentes na casa e porque Luis Boullosa non confiaba no ritmo tribal deste menda, que proviña do interior da terra, da gran cona santa de Pena de Numao. E cantos mortos aforramos grazas a iso...

Lembro que deixamos Vilanova dos Infantes a rolos. Ficamos derrotados definitivamente no Cristal e collimos monte arriba pola congostra que leva a Castromao, con corenta quilos de metralla ao lombo e unha botella de augardente de herbas. Vimos Celanova ao fondo dende aquel outeiro, coma unha raqueta de tenis, e deixamos a San Rosendo facendo o peixe grellado na Chaira de Amoroce mentres as vacas andaban a pacer tranquilas e os lobos fozaban polos carreiros dos contrabandistas na procura dos mellores poemas de Curros e Celso Emilio Ferreiro e algunhas pedras de chisqueiro coas que prender o derradeiro xaruto da noite.

Dende Penagache ao Castro Leboreiro fomos perseguidos pola terrible besta do Castelo das Poulas, onde fomos finalmente esmagados baixo as grandes gadoupas peludas e sepultados nas pedras inmensas das motas, os mesmos megalitos onde xa foran soterrados os nosos antepasados e os antergos da outra ribeira do mesmo mar. Son as mesmas penedas onde estivemos a comer enormes bocadillos de chourizo con pan de broa e onde a graxa e o pemento ficaron gravados coma unha pintura rupestre e unha marca do noso sangue porqueiro galaicoalbionante. E xogamos despois unha pachanga no mato entre as carqueixas e as torgeuiras, chegando xa de paso ao remate deste singular exercicio de onanismo inocuo do que debedes procurar aos reponsables entre as vosas bancadas.

Eu non sei escribir ben. Iso ficou claro dende sempre, mais seino facer sen utilizar nin un til en todo o texto. Heivos confesar que non foi unha licencia. Simplemente o feito de que este teclado andara tan mal coma min, desconfigurado, e non soubera onde carallo andaban os putos tiles. Desconfiado, agora ben podes comprobalo. Hai que ser valente. Os erros atopados poden canxearse por unha cervexa na vindeira viaxe dos bravos porcos celtas a terras dos nosos antepasados. Xa sabedes que cando o demo non atopa nada que facer, mata as moscas do rabo. Se non os houber, vou a gastos pagos, como quedou acordado en Ribadumia. Que demos e rabos habelo hainos. E de demos anglogalaicos imos sobrados, como se pode comprobar nesta poza sen fondo onde nos emborcamos de cando en vez co xabaril que todos levamos dentro, para fozar nos baixos da fochanca.



407 comentarios:

«A máis antiga   ‹Máis antiga   401 – 407 de 407   Máis recente ›   A máis nova»
  1. ¿No hay ayuda para el hijo de la viuda? dixo...
  2. Cultos solares, piedras sagradas e iniciación guerrera
    Otra analogía y afinidad entre los pueblos galaico e irlandés es el valor religioso que para ambos poseen las piedras sagradas, piedras iniciáticas y onfálicas. La función soberana debe fecundar la tierra, la piedra bruta es según la Tradición la “materia prima”, el “caos” en tanto micro como macrocósmicamente, debe de ser labrado para ser ordenado. Los petroglifos podomorfos testimoniados por diversas fuentes célticas eran emplazamientos destinados a la celebración de rituales donde el caos, la tierra era fecundada y ordenada por el soberano, por el guerrero y el héroe. La piedra “capital” de Crom Crúach en Irlanda, estaba situada en el centro de la isla, en el Mide, lugar de elección de los reyes de Irlanda. Un dato curioso es que la forma gallega de piedra, “croio” procede del céltico. Conocida también es la leyenda de la Piedra del Destino escocesa que servía para el ritual de investidura de los reyes escoceses y posteriormente robado por los anglosajones, sirviendo en la Abadía de Westminster para la coronación de los reyes de Inglaterra, siendo esta piedra escocesa de origen galaico o egipcio según versiones de la leyenda. Este ritual de elección de jefe de clan, de rey es ampliamente conocida a lo largo del mundo céltico, tal como nos lo relata Guyonvarc´h con respecto a la piedra de Fal, piedra de elección que emitía un grito bajo los pies del aspirante a rey. Igualmente en las Islas Shetland, reservado para tal fin, se encontró un bloque de piedra con el perfil de dos pies a las puertas de la fortaleza británica de Clikhimin. Y en Galiza, en Cabanas (Coruña), sobre una gran piedra elevada sobre la hoz del rió Eume, es conocido este petroglifo podomorfo como la “Pedra da Elección”, siendo el lugar donde se elegían los alcaldes antiguamente. Otra tradición es la de A Pena de Nosa Señora, en Cambre (Coruña), donde según la versión cristianizada, la Virgen posó sus pies, siendo esta piedra posiblemente al igual que otras muchas lugar ritual de la iniciación o elección del jefe, como la del castro de Amoeiro.

    El simbolismo de estas piedras iniciáticas era como hemos dicho, la fecundación de la Tierra, el orden del soberano sobre el caos y este ritual podía ser sustituido por otro análogo que consistía en calzarle un solo zapato al rey, puesto que así lo atestigua la literatura irlandesa, sobre el uso de una sandalia en actos de investidura y en reclamación de derechos de realeza (fer an énais, hombre de una sandalia). Al portador de esta sandalia, según la Tradición, le es permitido andar tanto sobre las aguas como sobre la tierra, revelando un origen sobrenatural. Estos ritos de investidura son conocidos bajo el tema de “monsandalismo”/”monokrépides”, representación mítica común en el mundo indoeuropeo relativo a la virtual convergencia del Otro Mundo con este a través de un héroe calzado solamente con un zapato. Este rito quizás sea el que se repite en rituales de iniciación masónicos.

  3. Poeta, ensayista y dramaturgo polaco nacido en Lwow en 1924 dixo...
  4. La piedra es la criatura
    perfecta

    igual a sí misma
    vigilante de sus fronteras

    exactamente repleta
    de pétreo sentido

    con un aroma que a nada recuerda
    a nadie espanta no despierta codicia

    su ardor y frío
    son justos y están llenos de dignidad

    siento su duro reproche
    cuando la apreso en mi mano
    y su noble cuerpo
    absorbe el falso calor

    -Las piedras no se dejan domesticar
    hasta el final nos mirarán
    con su mirada tranquila clarísima

  5. entropía y gassett dixo...
  6. Cicáis maña / cando a miña mirada / non abrolle na luz / como cativa mapoula de auga, / veña a soedade. / Pero hoxe canto en libertá / e mentras canto / non estóu isolado, / que o corazón vai comigo / e con il falo.
    "Señor, ¿qué es lo que hacéis?", a lo que el trabajador, sin detenerse ni devolver la mirada, respondió de mala gana: "¿Acaso no lo veis? Estamos picando piedra".

  7. Anónimo dixo...
  8. Quero agradecer a Deus polo uso (drsunnydsolution1@gmail.com) como a miña fonte de salvación tras 2 anos de paro e meu amante deixoume soa por 2 anos, o corazón só roto ata que eu coñecín despois dun Dr.sunny mulleres testemuño de como foi axudado polo mesmo Dr soleado, así que decidimos entrar en contacto con el e cando eu dixen a el todos os meus problemas riu e dixo que iso non é un problema. todo vai estar ben en tres días. Exactamente o terceiro día da miña ex amante, me chame sorprendeume eo que me sorprendeu foi que a empresa aplica desde hai máis de catro meses me chamou e dixo que eu debería volver a traballar logo que possible.Am moi grata ao Dr soleado, se que quere contactar el, o seu correo electrónico é (drsunnydsolution1@gmail.com) fai o feitizo como segue (1) se quere que o seu ex-costas. (2) precisa un divorcio na súa relación (3) Quere ser promovido na súa oficina. (4) Con vostedes, homes e mulleres corren detrás de ti. (5) Se queres un fillo. (6) Quere ser rico. (7) Quere amarre o seu marido e muller a ser o seu para sempre. (8) Se precisa de axuda financeira. (9) Herbal Coidado contacto con el hoxe (drsunnydsolution1@gmail.com) Sexa xuíz Útil pecado salientar Hoxe
    Chat End

  9. Dylan, qué tomas? dixo...
  10. El Bosque Lácteo me ha parecido infantil, simple chismorreo de aldea en cancioncillas de guardería, humor de pub, vapores de cerveza, y el propio Dylan Thomas parece un bebé que ha crecido demasiado.

  11. Semónides Amorgos dixo...
  12. Desde un punto de vista metafísico el galaicismo raiano trata de explicar que no hay manera de ser humano si uno no se entiende como extranjero.

  13. Tons de gris baixo o ceo dixo...
  14. Galiza alporizada e loitadora, transida de malas follas

«A máis antiga ‹Máis antiga   401 – 407 de 407   Máis recente › A máis nova»

Publicar un comentario