header-photo

Vagalumes Nas Calacueiras. O Autor Declárase Vítima Da Tolemia E Faiche Responsable Das Opinións Vertidas Neste Panfleto #dejémonosdemierdas

 


A verdade de todo é que fai falla xente de tódalas relixións, porque non se poderá evitar nunca que haxa quen bote a mañá para escribir un correo electrónico, como non han de mancar os que chegan tarde sempre e os que tratan ás vacas coma ás mulleres. Hai que ter algo que poucos teñen para dedicarlle un anaco de vida, por exemplo, a aclarar o fondo xurídico da pluralidade obxectiva do delito producida polo mesmo suxeito -a pluralidade, si, non o delito-, pois require paixón, aínda que o propio suxeito -o xurista agora, non o delincuente-, poida dubidar que esa sexa a expresión axeitada para definir a súa motivación. E, con todo, o deber tamén esixe paixón.

“Estoulle arrastrando polo rabo á burra e a besta zorrégame patadas”. Por aí deume por pensar naquel contable afrancesado, afamado por opositor resolto que disque rexeitou galóns de Estado por unha praza no Ourense natal, e logo sacou tódalas oposicións que quixo e ía para xefe do gabinete que lle dera a gana. Alexandre Bóveda xogou na mocidade en tres clubs de fútbol, o Remedios, o Royal e o Galicia, leu e escribiu abondo, cantou sempre e, de pasada, deixouse a pel para que os cartos galegos ficaran na casa e o país fose adiante. Por cousas así que un quixera que non tivese dado a cara. Non aprecio a utilidade dos mártires, parécenme froito dun orgullo pírrico, e deixan orfandade detrás. Pero non penso que morran sempre os mellores ou os máis ousados: morres ás veces cando te enches de Causa e perdes a perspectiva. Entón cólganche dunha árbore.

“Fran, que?”. Téñennos escachados, que vos vou dicir. Tanto fume de carozo levamos papado que custa crer ate na Gemeinschaft. Eu vouno dicir unha vez máis, e prometo non calar, porque perdín o norte e escorrego de seguido arredor dun centro de gravidade que non chega: queremos pasta, Main, queremos que o chorromoco dea beneficios dunha puta vez. Tanta competición internacional, viaxes, cervexas e mozas, brunas e blondas, pero endexamais un mísero patrocinio. Tantos anos aturando o cheiro a curry, tanto mártir pola Causa, e aínda ningunha efixie granítica das que fan lembrar o pasado aos vellos. E non has de ter motíns… Xa o dicía o Ibn Jaldún: se lle tiras a un rapaz da orella para facelo ir dun lado a outro, logo terá orellas grandes e será un home traizoeiro. Tense dito moitas veces sen pensalo seriamente, pero non é unha leria. Onte había lombo que romper polo bico da raíña, hoxe todos queremos un peto de bitcoins. 



“Julian Grendel, hombres como tú no crecen en los árboles”. Escoitar aos outros, que non obrar en consecuencia, é de sabios; ser presidente de España, ou de Galizalbión, é cousa de grandes homes. Non o estou a dicir con ironía, España é tal merda de proxecto mil veces frustrado que hai que ter collóns e tragadeiras para levalo todo na cabeza por oitenta mil pavos ao ano. Non vai ser vaidade… Sentido do deber? Proxección do medo ao pai? Gloria…? Aínda existe quen pensa na posteridade? A nova posteridade? Hai aínda quen se ve a lombos dun cabalo branco guiando ao pobo cara un fin común? Todo apunta ao interese particular, á mesquindade, pero vese que, ás veces, azar, vocación e circunstancia converxen, ou están polo menos a ben, e porén que hai xente equilibrada e bos escritores que non che din o que tes que pensar.

Francisco Leloup (non o sei), podería ter sido fillo dun comerciante francés, ou belga, ou suízo, ao dicir dalgúns, que se encaprichou dunha de Bergondo, preto da Coruña, e ficou na terra. Pero non saben (non quererán saber) de onde ven o apelido gabacho. Eu penso, por amolar un pouco máis, que o Leloup ese, o pai, chegou non fuxindo das levas napoleónicas, senón de débedas, pode que tamén dun pasado escravista, seguramente de débedas con escravistas ou, peor, con marselleses, e todo iso comezaba a se mirar mal, o de ser pobre e estranxeiro, digo, de xeito que a aquel auvernés ou valón ou neto dun afamado teólogo de Zürich, que se chamaba (non o sei) Jean Baptiste ou Phillippe Armand ou François Marie, foille mal e rematou por abandonar á coruñesa en estado e botarse outra vez á mar á procura dunha nova vida. Veu o fillo, Francisco, que do pai herdou non sabemos se o nome, a pobreza toda, pero da estranxeiría só ficou coa metade, polo que foi quen, a golpe de suor, de facerse cunha respectabilidade e casar cunha de Arteixo, onde viviron nunha leira que hoxe produce seis mil pares de calcetíns ao día. Trouxeron ao mundo unha filla, Rosa, que herdou pola súa banda título de modista, ou de actriz, ou de prostituta, que viña ser o mesmo, pero ao fin non foi nada diso. Houbo de se salvar do destino que lle marcaba o nome, Rosa Leloup, gracias á intervención dun membro da Benemérita (n. 1844), home viúvo e temperado que casou con ela en segundas nupcias e levouna para Forcarei, onde deron comezo á parte da historia coñecida por todos, coa que tornamos a Pontevedra.

Hai unha parede húmida e escura en Tractorville, á que só se achegan os gatos e os politoxicómanos, na que hai un grafito en letra miúda, rabuñado na cal coa chave dun Mercedes: "Haré todo lo que pueda y un poco más de lo que pueda, si es que eso es posible; y haré todo lo posible e incluso lo imposible si también lo imposible es posible". Grandes homes e a retórica do enmascaramento, máis vigorosa que nunca. Imaxinei a Enrique Rajoy, que figurou unha vez nos rexistros como Lelú, a falar con Bóveda nun recuncho da Navarra (n. 1925), con sendas cuncas de viño, aproveitando un intre no que o meu bisavó se enredaba na barra, dicíndolle quedo: “Alexandre, non lles tires do rabo, non te expoñas tanto. Alfonso é home de recursos e non ten cinco fillos como tes ti. E polo demais, ¿para que estamos a fabricar o Enorme Aparato Mediático, meu?”. 

 







410 comentarios:

«A máis antiga   ‹Máis antiga   401 – 410 de 410   Máis recente ›   A máis nova»
  1. Porco Bravo que lee a Mike Barja dixo...
  2. Ser porco bravo é ser un galego consciente, comprometido cunha cultura que se expresa nunha lingua de seu e que, por tanto, achega ao acervo común algo orixinal e auténtico, non copiado nin imitado

  3. El riesgo habitual dixo...
  4. Hasta la conciencia extrema de la fatalidad amenaza con degenerar en palabrería hueca

  5. Xabutu Bréfetes dixo...
  6. Trabajamos en la oscuridad; hacemos lo que podemos; entregamos lo que tenemos. Nuestra duda es nuestra pasión, y nuestra pasión, nuestra tarea

  7. THE NOTORIOUS 404 error, “Not Found,” dixo...
  8. A Caeira en Poio y La Caeira en Pontevedra.
    470 metros dan para tanto.

  9. Don Algodón dixo...
  10. Conocer a los victimarios no anula el homenaje a las víctimas. Al contrario. Hay un prejuicio moral (o una mojigatería) que previene de indagar demasiado en los personajes oscuros porque comprenderlos parece que equivale a justificarlos, y ni muchísimo menos.

  11. O Vadío Da Brétema dixo...
  12. Circunstancia que nin de lonxe aconteceu xa que a comezos de 1927 Castor Calvo convértese na gran fichaxe para o banco do Eiriña, o club de fútbol da cidade de Pontevedra que presidía Álvarez Limeses e do que eran seareiros sinalados o seu fillo Xerardo Álvarez Gallego, Castelao e Alexandre Bóveda.

  13. La Muñosa, dixo...
  14. A maiores do Pazo de Faramello e un amplo piso na compostelá rúa Senra, a familia Rivero de Aguilar, tamén na comarca de Santiago, mantiña abertas outras suntuosas propiedades. Nunha delas, o Pazo de Armental en Brión, é onde, sen chegar ao nivel dos alardes e galas do Faramello, a familia do fiscal pasa as vacacións e recibe e agasalla a escollidas amizades que estratexicamente cultivara. Despois de exercer de fiscal de Tasas en Segovia, Ramón Rivero de Aguilar desempeña igual labor por Palencia, Santander e Zaragoza antes de aceptar un destino que, para moitos, foi toda unha provocación e, sobre todas as cousas, mostra inequívoca da insensibilidade do seu carácter. En xaneiro de 1945 toma posesión da Fiscalía Provincial de Tasas de Pontevedra sen que lle remoese no máis mínimo, nunha cidade tan pequena, a posibilidade certa de bater pola rúa con familiares ou amigos dos que levou á morte. Amalia Álvarez, viúva de Alexandre Bóveda, incluída. O certo é que aquel fiscal acusador nos consellos de guerra do 36 retorna nove anos despois a Pontevedra e alí permanecerá cinco anos asentado nun departamento especialmente odiado pola cidadanía, xa esta fose antifranquista ou partidaria do réxime. De feito, a escasa e abatida resistencia local, que a partir do triunfo aliado en 1945 collera folgos para volver actuar, atrévese a criticar, mediante o espallamento de follas clandestinas, os abusos dun servizo que pretendía regular os produtos de primeira necesidade sometidos a racionamento. O galeguista Celso Emilio Ferreiro, que como funcionario da mesma fiscalía (colocado alí polo escritor falanxista Emilio Canda) traballou ás ordes de Rivero de Aguilar, transmitiu anos despois —só aos seus máis achegados e cando xa abandonara Pontevedra— as distintas varas de medir coa que o seu xefe impoñía incautacións, clausura de empresas, comisos de mercancía ou penas pecuniarias. Modelo interesado de xustiza que no caso do seu segundo paso por Pontevedra terá remate cando en 1950 é trasladado —primeiro a Madrid e, dous anos máis tarde a Pamplona— xaora como mero fiscal nas respectivas audiencias provinciais. Ascensos profesionais que non facían adiviñar que en novembro de 1954, sen que sexa aventurado detectar tras o nomeamento a influencia do seu irmán subsecretario do Ministerio de Obras Públicas, que a Ramón Rivero de Aguilar se lle sitúe outra volta en Madrid no relevante cargo de fiscal do Tribunal Supremo. Posto, de lles transcender, que seguro transmitiría horror e lembranzas amargas ás vítimas vivas das súas actuacións como fiscal nos anos do 36.

  15. Quemando rastrojos dixo...
  16. A bush that size only good for one thing and that one thang is hidin' a wang.
    You know what I'm sayin'?

  17. Y yo con estas pintas dixo...
  18. Come out, come out, you little rat fucker.

  19. Y yo con estas pintas dixo...
  20. The Western Highlands are the only remaining part of Scotland, which as yet I have not toucht upon. This is that particular country, which a late great man in King James the Second's time, called the kingdom of Argyle; and upon which occasion it was a compliment upon King James, that he had conquer'd two kings, when he suppress'd the rebellion of the Whigs; namely, the Duke of Monmouth, whom in derision they called the little king of Lime, and the Earl of Argyle whom they called with much more propriety, the great king of the Highlands.

    It is true that the greatest part of these Western Highlands, may be said to be subject, or in some respect to belong to the House of Argyle, or to speak more properly, to the family or clan of the Campbells, of whom the Duke of Argyle is the chief; but then it should be noted too, that those western gentlemen are not so blindly to be led, or guided by their chiefs as those in the north; nor when led on, are they so apt for mischief and violence. But as many of them are toucht with the Cameronian Whig, or at least the English Whig principles, they would venture to enquire what they were to do, and whom to fight against, at least before they dipt far in any hazardous undertaking.

    Though the people of these countries are something more civilized than those of their bretheren mountaineers in the north, yet the countries seem to be so near a kin that no strangers could know them asunder, nor is there any breach in the similitude that I could observe, except it be that in the north Highlands, there are such great woods of fir-trees, which I have taken notice of there, and which we do not see the like of here: Nor did we see so many or so large eagles in these western mountains as in the north, tho' the people assure us there are such too.

    The quantity of deer are much the same, and the kinds too, and the black cattle are of the same kind, and rather more numerous; the people also dress after the same manner, in the Plaid and the Trouse, go naked from below the knee to the mid thighs, wear the durk and the pistol at their girdle, and the targ or target at their shoulder.

    Some reckon the shire of Braidalbin to belong to these Western Highlands, not that it is west in its situation, for it is rather north, and as I have mention'd, is said to be the center of Scotland; and the highest land, being in the very body of those they call the Grampian mountains; all the reason that I could find they give for reckoning this country among the Western Highlands, is because they say one part of it is inhabited by the Campbells, whose clan, as I have observed, generally possesses all the West Highlands.

«A máis antiga ‹Máis antiga   401 – 410 de 410   Máis recente › A máis nova»

Publicar un comentario