header-photo

De William Blake Ao Lacón With Grelos. O Futuro En Cetosis Do Enorme Aparato Mediático


No 2043 o Mediático Aparello é un monstro octópodo de varios centos de Terabytes: pesadelo orwelliano, xungla positrónica.
Everything a lie.

No 2043 unha pintada na vellla praza reza así: Quérente morto ou vivindo na súa Mentira.

No 2043 os Porcos Bravos presentan nas Illas a seguinte aliñación: Santi Barrilete (Gk); Marcos; Josué; Frank; Martín; Del Río; Fontaiña; Fer; Manu Blondo; Neira; Serge.

A sucinta crónica do evento fala así: "Polo val da morte camiñaron os seiscentos. STOP. Victoria local. STOP. Urxe sangue novo. STOP. Acabaremos xogando de amarelo con patrocinio da ONCE. STOP".

No 2043 a primeira parada da AGC en Sheffield non é un pub senon o mausoleo neoleninista de Boroman nos Peace Gardens, con música de fondo, nun Sheffield mediterráneo de viño branco en vez de cervexa. Unha ferruxenta placa no mexadoiro do Fat Cat lembra os escuros inicios desa competencia intracontinental.

No 2043 un libro escolar (prontamente descatalogado) recollerá a voz AGC como: "competición sportiva de corte atlántica de brumosas orixes." No 2043 o historiador local M. Laiño (en paradoiro descoñecido) falará destas orixes da AGC ao borde dun río fétido e da polémica sobor as primeiras edicións.

No 2043 non hai millaradas en Galicia, nen soutos, nen carballeiras: o porcobravo é un animal extinto nunha Galizia sucesión de sanxenxos e benidorms, cabuxas por bovinas. O Main Porco estuda a posibilidade de acollerse a un novo tótem bestial: Main Corvo?

D. Corbin(1985-2043), estudoso do football británico na era da Depresión financeira anterior ao Brexit, escribirá sobre a arte balompédica na AGC: "following the tradition of the failing Armadas and short and tasty as spanish tapas in a spanish taberna: everybody eats, but just a few pay the bill, and the price. The king is naked."

No 2043 a axencia de viaxes Porcallada S.A. de capital mormente chino oferta unha Sino- GalicianCup nun suburbio de Beijing. Fálase da posibilidade dunha Inuit-galician en Thule, Groenlandia.

No 2043 o sociólogo M. Berreco (internado na UCI en estado de coma inducido) sementará polémica nun artigo científico o afirmar que a AGC sostense sobre a base dunha doctrina postfascista-maoísta de vínculos anarquistoides no social que xoga a ser democracia nas reunións gastronómicas.

A antropóloga B. Baristarain (1995-2043) abondará no tema para soster que a esencia íntima da AGC cheira a despotismo ilustrado e brinca de William Blake ao lacón con grelos con total naturalidade. Inda máis: escaravella na contradicción entre populismo porcalleiro e lingüistica estructuralista no EAM como modelo de erudición na era post-google no seu libro "Tolos e marraus nas mitoloxías contemporáneas" (edición secuestrada por orde xudicial)

Tamen interrompida por mor da xudicatura no 2043 atoparase a obra cómica do autor R. Balterras e a súa troupe: "Miserae e vitae dun P. Bravo". Do mesmo xeito unha exposición de hologramas computerizados que presentará un retrato intitulado Main Porco á maneira de E de Bàthory sen os problemas da menstruación, obra que será retirada da mostra nas primeiras 24 horas.

En 2043 un enguedello verbal circulará polos patios escolares: Quén é aquel que viste de negro e devece polas causas perdidas e pretende derrotar os albioneses en terra propia? Felipe II? Non: Main Porco.

(O psicólogo desviacionista A. Carballo (baixo estricta vixiancia médica por posíbel envelenamento por plutonio) sinalará tamén o feito de que Él gusta de retocar os seus retratos nos media como Stalin e que é posuídor dunha biblioteca de moitos volúmenes, igual que o Fuhrer.)

No 2043...
Vaise a luz.
Chaman á porta. 3 veces.
Eles están en todas partes. Quérennos mortos ou vivindo na súa Mentira.
Farewell and adieu.