
Nas primeiras "reunións" da Anglogalician Cup (AGC) unha das ideas foi a extensión da nosa competición a outros deportes. O deporte que todos tiñamos na cachola non pode ser outro que o rei dos deportes de equipo, o RUGBY; os nosos lector@s poden comprobar leendo os ultimos comentarios dos nosos compañeiros Stags, a sua querencia por outro deporte que aos ollos dun lego na materia pode parecer cando menos "curioso" e de seguro incomprensible o CRICKET, I hope
our friend Thomo explain us what in hell means CRICKET and how can we understand this estrange game. Pois iso, que Thomo falaranos seguro de cricket, eu vouvos dar unhas nocións de rugby; e así, con este primeiro paso, cecais, algún día a teñamos unha copa para cada deporte.
Conceptos xerais: quince xogadores por equipo, deles oito son dianteiros, os que forman as famosas meles. O balón ten que pasarse sempre cara atras coa man e pode ser pateado cara diante. O equipo que ataca debe avanzar ata posar o oval na línea tras dos paus; o equipo que defende ten que parar os atacantes "placando" dende os pes aos hombreiros. Estas son as máis importantes, ainda que como veredes neste video hai moitas mais.
Se agora xa estades emocionados falemos do que e de verdade o rugby: o rugby e a paixón e a loita, o rugby e o respeto ó rival e a honra de atoparse o lado de 14 mais e enfronte doutros 15 que van loitar ata que non nos queden azos.
O rugby naceu na cidade de Rugby, alí peregrinaron xa os porcos bravos a presentar os seus respetos ó señor William Webb Ellis que, en 1823, sendo o seu equipo incapaz de conseguir un tanto naquel deporte que era o football, colleu o balón nas mans, e botou a correr cara diante esquivando e derrubando ata anotar un gol nulo. Mente preclara, intelixencia única, o gol nulo mais importante da historia e exemplo para todos do pensamento transversal: "teño que chegar co meu balón ao outro lado do campo, hai un grupo de tios que non me deixan pasar, cal e a solucion mais intelixente? darlle patadiñas e que non me fagan falta, ou coller o balón e avanzar?" Que os porcos bravos teñan moi presente o espirito de W.W. Ellis.
Moitos coñeceredes o rugby pola selección de Novazelandia, que se fixo moi popular nos noventa, pola sua estrela Jonah Lomu e a sua Haka. Habería moitas cousas que contar do rugby: ata os ano 80 o rugby foi amateur, as seleccións nutrianse de xogadores que non tiveran contratos profesionais de rugby league, o carpinteiro, o carniceiro, o carteiro; aqueles barbarians do ano 73, feitos de orgullo de mineiros galeses que crearon o ensaio mais belo da historia, o seu lema : "O Rugby e un deporte que poden xogar homes de todas clases, pero non estan admitidos os malos deportistas de ningunha clase".Hai que contar que é no único deporte onde Irlanda xoga unida, norte e sur, hai que dicir que temos a competición mais antiga do mundo, o actual seis nacións; e non olvidemos que do rugby sae xente como Homar Hasan, que colgou as botas tras do Mundial para atender o seu contrato no Covent Garden; e con todo isto as comparacións co futbol e os seus xogadores son odiosas, violencia, insultos os arbitros, millonarios que non poden nin subordinar unha frase( na cabeza o "Si,bueno,no..." de Raul).
Permitide que vos conte, para rematar, que estiven en 2007 no mundial, en Cardiff, nun partido Gales-Australia; corentamil almas, cervexa nos bares do estadio, nin un so policia, aficións mezcladas; cando saimos, as ruas o redor do estadio pechadas o tráfico e 40.000 persoas cantando, bebendo e paseando, unha rua de catro carrís e, de supeto, escoitase unha patada e un balón oval sube polo aire ata vinte metros de altura e cara o noso lado, un home mira o balón e o colle no aire, mira aos lados e posuido polo espirito de W.W.Ellis corre cara diante, a cinco metros un dos que ven de frente lanzase contra el, atrapao pola cintura e o fai caer, o meu lado a xente comeza a correr pasan por riba dos xogadores no chan e outro home saca o balón e o pasa. Tiñamos montado un partido de rugby de duascentas persoas. Non sei se hai mais deportes no que esto ocorra.
Se podedes pasar por Pontevedra, non deixedes de ver xogar a Escola de Rugby de Pontevedra, onde xogan tres futuros membros dos porcos bravos e algun mais cando teña a idade, e onde se forma o futuro do Rugby galego. E se tes fill@s a partir dos 7 anos ¿a que esperas para apuntalos?
E para rematar, xa que estamos poñendo videos a porrillo, e como a quinta provincia fai unha publicidade estupenda, aqui vos deixo un percorrido por xogadores de todalas epocas do rugby arxentino aprendede dos vellos, e porque non hai razón para xoga-lo rugby.
A miña intención co artigo, que pasedes de ser uns "futboleros" e vos fagades algo mellores.
Como regalo deixovos himnos variados:
Inglaterra vs Irlanda por primeira vez na historia en Croke Park templo do deporte irlandes e simbolo de loita, escoitade como cantan baixiño os ingleses que recibiron unhas clases de respeto ó que significa Croke Park, os irlandeses cantan dous himnos, como podedes aprender aquí.
Escocia para min o mais bonito.
Francia e non me podo resistir a por un con traducción, que maravilloso himno revolucionario, o que mais me gusta de Francia xunto con Baribal a revolución francesa e a Comuna de Paris. Que momento da historia do cine o himno en Casablanca.
Gales o himno dos que voltan a casa para escoitar a poesia dos seus bardos, tedes que pasar o minuto 2.23.
E, xa que estamos, e como concesión aos futboleiros e como sei que a algun porco bravo vaille gustar (cecais non a todos que non se pode contentar a todo o mundo) Himno galego en Balaidos.