angst is not a weltanschauung
Etiquetas:
Toque a rebato
Mais non debemos calar o fundamento común grazas ao cal o noso encontro, que contén o esforzo da procuración da existenza, é un encontro no mito.
A cultura porcobrava vive de descubrir palabras que descubran univocamente o carácter condicionado do mundo da experiencia; ou mellor, vive do desexo da iluminación verbal de aquel ser que se sabe que non é comprensible como obxecto, e que a súa presenza non se compón da presenza dos obxectos.
Podemos dicir xa: baixo o advenimento da vella tríada do bó, do verdadeiro e do belo anúnciase a chegada da VIII.
Ou ben: o mito comeza de novo a súa andaina. O engranaxe da maquinaria da VIII escóitase ao lonxe. O rebumbio dos tractores. A visión alucinada dunha cup borrosa entre a néboa alcohólica dun pub de nome ilexible sacude xa aos porcos bravos. As sinais acumúlanse no horizonte, insoportabeis para os alleos, como unha chamada á volta ao fogar para moitos outros. Tractorville, como se fora un subproduto da teoloxía de Malek Al-Mottekalemin, redúcese á nada e volta a xurdir desa nada simultanea e continuamente, xa que o tempo da Anglogalician Cup ten unha estrutura discontinua e atómica. Nese proceso de aparición estamos xa. A cervexa interminable, as orfas polas rúas da Galizalbion máis profunda, fentos e droppings cambiando freneticamente de mans en pubs aos que só chegan os máis perseverantes. A longa noite do home co horizonte dun partido de fútbol como abrente posible. Hai avións preparados para abrir os ceos, mentras a terra espera e pode sentirse un tremor irresistible que funciona como chamada primordial. Como un berro nunha lonxitude de onda que só algúns poden escoitar. Deixalo todo non é suficiente. Hai que deixarse a un mesmo atrás. Olvidarse de si e entregarse.
O trance da VIII.
Tambores. Tambores nas profundidades.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)