
Como se de loxa masonica se tratara: O equipo nas illas dos cinco porcos "orixinais"( aqueles que por vez primeira desembarcaron antes de que isto se desmandara ata tomar as dimensións actuais) ven de ascender gloriosamente a Football League Two, a última das divisións profesionais da pérfida Albión (ou a primeira se miras dende enbaixo).
Por primeira vez na sua historia o Burton Albion vai ser profesional.
Agora, @s nos@s lector@s, faranse unhas preguntas, unha vez mais ¿Estes pedazos de freaks nos saen cun novo equipo? ¿Non era suficientemente bizarro (en tódalas suas acepcións) este blog? ¿A que ven todo isto?.
Lector@s tod@s (uns mais querid@s que outr@s): Burton upon Trent foi lugar inzado de delicias e ledicias para os cinco os que daremos en chamar "Os Cinco de Burton". Burton upon Trent atópase no centro de Inglaterra, apenas 50.000 habitantes, a sua riqueza proven da fabricación daquelo que nos une, a cervexa. Actualmente Coors e Marston, as maravillas de White Shield e moitas microcervexerias, fan de Burton a capital da cervexa inglesa xa dende o XVIII.Burton meceunos no seu colo, foi nosa nai durante un tempo, nos respostamos con todo o que poidemos dar, alí estivemos o lado dos "Brewers", pois non podía ser outro o sobrenome dos siareiros, xogadores e clube de Burton. Alí deixamos parte do noso corazón enterrado, agora agroma en forma de victorias.
Por todo isto Longa vida os Brewers.
Agora que xa temos as fotos que tardou por problemas tecnicos, será publicada tras dun breve traballo de photoshop (prometemos non ocultar os incipientes bandullos do cinco de Burton)