header-photo

Ritual da apocalipse veraniega

I.
Volto a Bon co verán xa empezado, fugazmente, como se asistira temporalmente a unha película que xa vai pola metade. É a penúltima hora do serán e na praia quedan pequenos grupos de veraneantes derrotados que non dan recollido as súas cousas. Bandas laranxa con estratos púrpura reverberan sobre o fondo de cor azul oceánico que permea o ceo mentras sobre elas recórtase a silueta da ringleira de piñeiros que oculta o perfil das illas Ons. Escoito as gaivotas nas súas liortas polos restos que deixa tras de si a marea humana de cada domingo. Sobre o recendo da salitre distingo o cheiro dos catalizadores dos automóbiles en fuga, e, ao lonxe, asordinado pero non suficientemente, como a banda sonora dun inferno de baixa intensidade, escoito a Enrique Iglesias con ese ton de voz tan de taladro apuntando á orella. Detido tras o valado que protexe a duna non poido evitar pensar en como o tempo me ten traído ata este momento, ata este punto co que non contaba alá atrás nalgún instante do meu pasado remoto. As ondas do mar levado da ría de Aldán rompendo sobre a costa, a lixeira brisa portadora de saudades permanentes, os refachos de espuma branca sobre a superficie picada do mar compoñen o cadro habitual de todos os veráns no lugar no que me atopo. Na liña de costa situada enfrente de Bon, a franxa de branco da praia de Area Brava, fica compoñendo unha imaxe vagamente especular e lembrándome que hai outros centros do mundo. Sobre ela as primeiras luces artificiais que acompañan ao lusco e fusco van desenvolvendo os compases iniciais dunha sinfonía luminosa irregular e deslabazada. Avanzo cara ao chiringo de Rafa, quizais desta vez poda tomarme unha pinta co Main. O asfalto aínda quente transmite ondas de calor aos meus pes que contrastan co frescor húmido que, procedente da mar, comeza a envolverme. Cae a noite en Bon, coma sempre, coa beleza do que é ao tempo absolutamente fráxil e, tamén, totalmente inapelable.

II.
Gústame moito a historia do falso suicidio de Aleister Crowley no lugar coñecido como "Burato do demo" en Cascais. A historia oficial conta como Crowley, tras unha etapa de intenso intercambio epistolar con Fernando Pessoa, empéñase en arranxar unha cita con este en Lisboa con motivo dunha conferencia que vai dar en Portugal. A súa intención é contactar en persoa co poeta supostamente por motivos relacionados coa adivinación e o ocultismo aos que o portugués era un gran afecionado. O que buscaba realmente o británico era conseguir unha testemuña de recoñecido prestixio que dera fé da acción que ía levar a cabo en breve. O encontro tivo lugar finalmente, e, poucos días despois deste, un amigo común aos dous, o sr. Augusto Ferreira Gomes atopou unha estraña misiva no burato do demo que apuntaba, por razóns supostamente amorosas, a o posible suicidio do home coñecido como "a Besta".


Como é sabido, detrás desta historia está o intento desesperado de Aleister Crowley por darlle vida e rendementos monetarios ao seu nome-marca nunha etapa de desfeita económica que ameazaba con levalo á ruína. Coñecedor do papel fundamental do aparato mediático xa naquel final de década, o satanista británico levou unha campaña de marketing e autopromoción impresionante para os estándares da época asegurándose de que a nova aparecera nos principais xornais de Europa. As especulacións sobre a realidade da súa morte salpicaron os cenáculos culturais das principais capitais europeas ata a súa reaparición triunfal en Berlín unhas semanas despois da súa suposta morte. Que levou a Pessoa a participar nesta historia? Aínda que non hai resposta para esta pregunta, queda testemuña escrita acerca desta cuestión. Interrogado case un ano despois ao respecto polo asunto, o poeta lisboeta contestará o seguinte á revista lisboeta "o girassol":

— Mas uma coisa que não é suicídio nem "blague", o que é que pode ser senão o assassínio? 
— É, com efeito, o que ocorre; e é por isso que eu lhe disse que, embora sejam novos para mim, não me espantam os boatos sinistros que v. me contou. Posso admitir que quisessem assassinar o Crowley, mas admiti-lo-ia com mais facilidade se pudesse compreender que um indivíduo, antes de ser assassinado, se desse ao trabalho de escrever uma carta (incontestavelmente autentica), dizendo que se suicidava. É ser boa vítima demais... 

De repente, Fernando Pessoa sorri, leva a mão à carteira, e tira dela um recorte de jornal. 

— Olhe, já que fala de assassínio, vou-lhe ler um documento curioso. Isto é um recorte do diário inglês Oxford Mail , de 15 de Outubro; é de notar que Crowley era muito conhecido e admirado em Oxford, embora seja Cambridge a sua universidade. O título do artigo é "Aleister Crowley assassinado", "Revelações Espíritas a um Médium de Londres", "Empurrado dos Rochedos Abaixo". É um telegrama ou telefonema de Londres, do correspondente do jornal. É do próprio dia, e diz assim: "Num quarto pequeno e mal iluminado em Bloomsbury, a noite passada, o sr. A. V. Peters, médium londrino, entrou em transe para se obterem algumas indicações sobre o paradeiro do sr. Aleister Crowley, escritor e mago. Do sr. Crowley, cuja projectada conferência sobre "Um Mago Medieval" fora proibida em Oxford, em Fevereiro, não tem havido notícias desde que uma carta dele se encontrou nos rochedos chamados "Boca do Inferno", a 23 milhas de Lisboa, há quinze dias.

O sr. Peters declarou que, durante o transe, lhe tinha sido indicado que o sr. Crowley estava morto, e que "tinha sido empurrado dos rochedos abaixo por um agente da Igreja Católica Romana". "Os católicos já anteriormente tinham atentado contra a vida do sr. Crowley", disse o sr. Peters, "e ele estava à espera de ser atacado". Descreveu o lugar como sendo "redondo" como "uma cratera de vulcão", e o sr. Peters acrescentou que "era nas montanhas, ao pé de água". Grande parte da sessão foi ocupada em obter detalhes pessoais sobre o aspecto, ocupações e saúde do sr. Crowley, "para fins de verificação".



III.
Lin recentemente en twitter algo así como "a diferencia entre un revolucionario e un progre é a que vai da vontade ás boas intencións". Como se dun continuum caracterial se tratara, existe unha gradación entre ambos os dous extremos desta definición que moldea personalidades e marca conductas e comportamentos. Do lado das boas intencións coñezo unha boa chea de personaxes que confunden a súa representación do mundo coa realidade e operan nun cosmos no que as palabras e as imaxes aparentan ser performativas, isto é, creadoras de realidade por si mesmas. Son brandos e hedonistas culpables. Teñen a súa idea do bó e do que está ben pero limítanse a enunciala agardando pola milagre de que tales verbas dean lugar á realidade supostamente desexable. Mentras tanto, viven nun mundo deseñado e construído polos combates de outros, nun estado de queixa permanente e disfrute culposo simultáneo, nun estar a salvo entre lamentos que os fai despreciables. Esas "boas intencións dos progres" deberían contar coas simpatías da maioría pois enuncian desexos universais respecto á convivencia colectiva, pero, paradoxalmente, a covardía e o conformismo de quen os enuncia produce un estraño efecto contrario de desafección e sospeita que xoga en contra delas. Fronte ao conservadurismo avant la lettre, granítico, inconfundible e referencial, os posuidores das boas intencións encarnan un conservadurismo disimulado e laiante que sospira de alivio cada vez que a orde natural das cousas coa que aparentemente están en desacordo é reconfirmada. No outro extremo deste continuum está a vontade do revolucionario. A acción que respalda á palabra e que desafía a estrutura do que hai. É sinxelo estar en desacordo coas propostas de quen opera neste nivel de realidade, pero aquel que adecúa o seu actuar co seu decir acostumbra a ser respectado e temido. No acto revolucionario anida o desexo de transformación, o impulso dunha acción que non elude o combate, que non esquiva a dor ou a caída e que, polo tanto é merecedora de ser tida en conta. Os non acomodados, os non axustados ás estruturas existentes de forma declarada mesmo son respectados polos seus inimigos naturais, aqueles que gardan a orde inxusta sobre a que está levantado o mundo. Ser revolucionario implica queimarse no proceso, arder nun combate coa realidade de resultado incerto e non agardar sentado comodamente que as cousas cambien por si mesmas conforme aos nosos desexos. Sabedores de que existe un porcobravismo progre e outro revolucionario, a cuestión está en saber cal das dúas almas será a que se impoña na próxima edición da AGC. Quen será respectado incluso se ten lugar a caída.


IV.
En Florencia, saíndo da Piazza Davanzati ao carón do Mercato Nuovo cerca da ponte Vecchio, a Fontana do Porcellino lémbrame que o culto ao porco bravo é unha infección que leva percorrendo Europa dende milenios con virulencia. Milleiros de persoas pasan cada ano por diante do animal representado nesta escultura-fonte coa idea de tocarlle os fuciños -literalmente- para garantir a súa boa fortuna mediante un pequeno xogo cunha moeda que se introduce na boca do animal. Feita en bronce, brilla na parte do nariz debido ao pulimento de miles de mans afanadas en ampararse baixo a súa protección. Rodeado de turistas descúbrome incapaz de poñer diante da escultura un papel cunha lenda que vai facéndose universal paseniñamente: IMWT. De paso, pregúntome se este culto tería algo que ver nese invento futbolístico chamado Anglo-Italian Cup desenvolvido entre 1970 e 1996 (coa participación do Sheffield Wednesday na edición inicial de 1970 e a do Sheffield United no 1994).



V.
Percorro con pouco tempo Menorca entre a fascinación pola paisaxe e o horror polas construcións para turistas. Nesta illa mediterránea con esa liña de costa tan diferente da galega, atopo -especialmente no interior- un culto común á figura da vaca, unha devoción polo animal que fai que imaxine continuamente unha liña segreda que comunica aos habitantes deste lugar ao longo da historia coa nosa terra. Entre centos de pequenas explotacións gandeiras e invitacións a degustar o queixo de Mahón, unha paisaxe a ratos reseca e desoladora e a ratos salpicada de masas forestais, parece configurarse como un conxunto de leiras separadas por muros de pedra seca de pequena altura e edificicacións gandeiras destinadas a dar refuxio aos animais. Apiladas baixo un sol que non dá tregua, estas vacas fatigadas e lixeiramente noqueadas pola calor parecen dar corpo á verdadeira alma da illa, parecen ser o destilado orgánico de miles de anos de historia e acontecementos. Unha presencia animal sólida cun tempo propio diferente ao dos turistas presurosos que buscamos como polos sen cabeza as calas perfectas bañadas polo mar ideal. Entre tales pensamentos leo algo da historia do lugar e descubro que durante a maior parte do século XVIII estivo baixo control británico -con pequenas interrupcións de dominio francés e español-, sendo esta a época que corresponde co seu maior crecemento nos niveis económico, social, cultural e político. O seu paso definitivo a mans españolas dende o século XIX deu lugar a unha decadencia progresiva que case se prolonga ata hoxe en día. Posiblemente debido á calor reinante pásaseme fugazmente pola cabeza a idea de botar a andar unha Anglo-Minorquian Cup, non ao estilo da Anglo-Italian senón da Anglogalician. Moi fugazmente.


VI.
Leo "Teoría del dron" de Grégoire Chamayou e atopo nel un párrafo que me lembra algo pero non remato de saber o que:

El ethos militar tradicional contaba con sus virtudes cardinales: coraje, sacrificio, heroísmo... Esos "valores" tenían una clara función ideológica: tornar aceptable la carnicería -mejor dicho, tornarla gloriosa-. Y los generales no lo escondían: "hay que encontrar la manera de conducir a la gente a la muerte, de lo contrario no hay guerra posible; ese medio, yo lo sé, radica en el espíritu del sacrificio y sólo en él."

"Tornar aceptable la carnicería", onde teño escoitado antes estas verbas?